Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Arranca a Festa do Albariño de Cambados

A Capital do Albariño xa está preparada para acoller a miles de visitantes na LXVII edición da festa que desde 2018 é de Interés Turístico Internacional

Cadena SER

Cambados

Cambados pon en marcha o dispositivo de seguridade e tráfico para esta semana co arranque da Festa do Albariño. A inauguración será hoxe a partir das 13:00 coa lectura do pregón a cargo de Salvador Cores "Manso", acordeonista coñecido por ser o director de Vilaxoán Canta.

O concello habilitará 1.500 prazas de aparcamento distribuidas en sete parcelas. Desde o venres e ata o domingo, o centro urbán queda cortado ó tráfico e recoméndase circular pola vía rápida durante estes días. A Policía Local e a Garda Civil tamén incrementarán o número de efectivos.

A partir da unha da tarde o Paseo da Calzada será un fervedoiro de xente co Albariño como protagonista.

As actividades lúdico-festivas continúan pola tarde con concertos e verbenas nas rúas cambadesas. Mañá e venres terán lugar as catas organizadas pola Denominación de Orixe Rías Baixas, ó igual que o túnel do viño.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir