Luces, cámara y acción
Ribadavia acollerá un casting de cine

Imagen de una clásica claqueta de cine. / Pixabay

Ribadavia.
O xoves 3 de abril, a Casa da Cultura de Ribadavia acollerá o casting para a longametraxe “Mil Ourelas”, dirixida por Sebastián Uría e producida por Tamboura Films. A película rodarase integramente en Navia de Suarna e na Serra dos Ancares durante o mes de xuño.
Buscan: mulleres de entre 50 e 60 anos vinculadas ao mundo rural e maiores de 75 anos vinculadas ao mundo rural e homes maiores de 75 anos, de entre 60 e 70 anos de complexión robusta, de entre 45 e 60 anos que saiban conducir e de entre 36 e 60 anos, galegofalantes ou castelanfalantes, con boa dicción.
Recoméndase inscrición previa no 633 071 338 ou no correo electrónico: produccion@tambourafilms.com
Tamén podes presentarte directamente o propio día ás 10:00h ou ás 16:00h.