Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Luis Menor anuncia 1,4 millóns de euros de inversión para Castrelo de Miño

O presidente provincial visitaba diversas obras na localidade

Visita de Luis Menor a Castrelo de Miño. / Alberte Paz

Visita de Luis Menor a Castrelo de Miño.

O representante da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou recentemente o municipio de Castrelo de Miño en compañía de membros da Corporación liderados polo alcalde, Avelino Pazos, co fin de coñecer directamente o resultado de diferentes obras e actuacións realizadas grazas ao Plan de Cooperación posto en marcha pola institución ourensá. Tal e como sinalou Menor, o concello de Castrelo de Miño percibirá máis de 1,4 millóns de euros durante este mandato a través do Plan CooperOU e doutras axudas. “Acometeranse obras e prestaranse novos servizos para atender as demandas deste concello”, sinalaba Menor.

Durante o percorrido, no que estiveron acompañados tamén por veciños da zona, visitaron as melloras realizadas na estrada provincial 0U-304, unha das máis transitadas deste municipio e que este ano abordarán a súa terceira fase de actuación. O presidente provincial destacou que esta vía xa ten comprometidas máis axudas da Deputación.

Menor tamén coñeceu as obras na cuberta do anexo para vehículos situada ao lado da Casa Consistorial. Esta actuación permite que os vehículos municipais non estean a intemperie. O percorrido continuou coa visita á nova depuradora do municipio, trala demolición da antiga.

Despois, o presidente provincial coñeceu, da man da veciñanza, o novo aspecto do centro social da Asociación Castro de Santa Lucía de Freás, grazas á subvención da Deputación de Ourense para mellorar as súas instalacións.

Pola súa banda, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, agradeceu a implicación da Deputación de Ourense, “clave” para abordar proxectos e servizos fundamentais para o seu municipio.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir