Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Última horaMás de 30 heridos, algunos en estado crítico, tras chocar dos autobuses en plena Diagonal de Barcelona

Rueda e Ferrero destacan en Carballo a necesaria colaboración entre administracións para realizar obras importantes

O presidente da Xunta visitou a capital de Bergantiños para supervisar as actuacións para reducir o risco de inundacións

David Cabezon @ Xunta

Alfonso Rueda destacou os máis de 6,3 millóns de euros que o Goberno autonómico destina a reducir o risco de inundacións en Carballo. Salientou que estas obras van supoñer “un antes e un despois” e unha mellora “significativa” da seguridade nunha vila afectada en varias ocasións polo asolagamento do río Anllóns.

Durante unha visita, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, indicou que neste caso hai 5 actuacións repartidas por todo o concello, das cales 3 xa están rematadas e outras 2 están en marcha.

Estas obras, establecidas no acordo de colaboración entre o Concello de Carballo e Augas de Galicia, enmárcanse no Plan de xestión do risco de inundación da demarcación Galicia-Costa 2021-2027, e son un bo exemplo das actuacións impulsadas pola Xunta para garantir a seguridade cidadá e o reforzo das infraestruturas hidráulicas fronte a eventos adversos e eventuais asolagamentos, un capítulo ao que só este ano “destinará máis de 35 millóns de euros”, segundo indicou Rueda.

Pola Súa banda o alcalde, Evencio Ferrero, salientou a boa sintonía entra as dúas administracións para a realización desta obra e insistiu na necesidade de manter no tempo esta colaboración en futuros proxectos.O alcalde de Carballo fixo unha enumeración das catástrofes máis importantes sufridas na localidade por mor das crecidas do Anllóns.

Rueda avanzou que traballan nun novo Plan para o período 2028-2033. Lembrou que este luns o Consello analizou un informe no que se detallaban as características do futuro plan, incluíndo a identificación “de preto de 566 quilómetros vulnerables” nos ríos de Galicia-Costa e a aposta por incorporar as proxeccións climáticas para mellorar a predición de eventos extremos. Nesta liña lembrou ter en conta as consecuencias do cambio climático coma que “agora as inundacións xa non se concentran en outono” ou que hai episodios de choivas fortes e “repentinas”.

Actuacións en Carballo

As actuacións realizadas en Carballo inclúen un bypass na zona de Muíño de Quinto; a remodelación integral do parque de San Martiño, incluíndo a construción de cotas de protección fronte ás avenidas; a demolición de edificación, remodelación de ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a demolición da ponte sita na rúa Fomento; e a mellora hidráulica do río Anllóns polo seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552.

Respecto do seu estado, tanto o bypass como a remodelación do parque de San Martiño xa están rematadas, ao igual que a demolición da edificación na rúa Sol. A intervención na rúa Fomento atópase executada ao 70% e, segundo as estimacións, estará rematada a mediados da primavera.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir