Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ribadavia mellorará a estrada de A Veiga

Cun orzamento de 225.638,84 euros, dentro do Plan CooperOU da Deputación

Estrada da Veiga.

Estrada da Veiga.

Ribadavia

Ribadavia actuará sobre un camiño en San Cristovo de Regodeigón, máis coñecido como a “estrada da Veiga”. Unha actuación clave para mellorar o acceso a este núcleo rural. O proxecto, que conta cun orzamento de 225.638,84 euros, é sufragado grazas aos fondos do Plan CooperOU da Deputación de Ourense. As obras teñen un prazo de execución de tres meses e buscan reforzar a infraestrutura viaria na zona.

O camiño, que actualmente presenta un firme deteriorado, será rehabilitado cunha base de grava e varias capas de aglomerado en quente, garantindo así unha maior durabilidade e seguridade para os veciños. Ademais, levarase a cabo a instalación dun sistema de drenaxe con novas canalizacións e pozos de rexistro para mellorar a evacuación da auga pluvial.

Trátase dun arranxo altamente demandado pola multitude de usuarios e usuarias que empregan de forma cotidiá esta estrada que, pese a ser secundaria, ten un gran volume de circulación. Este tramo non só serve para unir os núcleos de San Cristovo (Ribadavia) e A Veiga (Carballeda de Avia), senón que tamén forma parte do traxecto que une Regadas (Beade) coa capital do Ribeiro.

O núcleo ribadaviense afectado, San Cristovo, ten máis de 200 habitantes, o que se une ao feito de ser unha zona de tránsito entre diferentes localidades e mesmo municipios e, tamén, unha estrada empregada para acceder a zona de viñedo. Todas estas circunstancias fan que o trazado teña tanto uso como necesidade de intervención.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir