Hora 14 A CoruñaHora 14 A Coruña
Ocio y cultura

O presidente da RAG Víctor Freixanes declara que o decreto do plurilingüismo “é un disparate”

Pide á Xunta outra política educativa para fomentar o uso do galego que xa se utiliza menos que o castelán, segundo o IGE

O BARCO DE VALDEORRAS (OURENSE), 17/05/2022.- El presidente de la Real Academia Galega RAG, Víctor F. Freixanes, interviene en el acto conmemorativo del Día das Letras Galegas 2022 celebrado estes martes en el Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. EFE/Brais Lorenzo / Brais Lorenzo (EFE)

O BARCO DE VALDEORRAS (OURENSE), 17/05/2022.- El presidente de la Real Academia Galega RAG, Víctor F. Freixanes, interviene en el acto conmemorativo del Día das Letras Galegas 2022 celebrado estes martes en el Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. EFE/Brais Lorenzo

A Coruña

Celebramos o Día da lingua materna instituído pola Unesco cando segue a preocupación pola transmisión do galego, a lingua propia de Galicia, tras os datos do Instituto Galego de estatística que fala sitúao por detrás do castelán en canto o seu uso en Galicia e sinala que é descoñecido para un terzo dos nenos. O Presidente da Real Academia galega, Víctor Freixanes, pide un cambio na política educativa da Xunta que tras o decreto do plurilingïsmo que relega á galega fronte ao castelán considera "un disparate".

Más información

Lembra Freixanes que o decreto da Xunta de Feijóo, que se mantén nestes momentos, prohibe que se poidan ensinar en galego as matemáticas ou disciplinas de ciencias e, en suma "coloca ou galego nun caixón".

Defende dúas liñas de traballo: desenvolver unha nova política educativa "nova e integradora" e fomentar o uso familiar do galego como lingua de prestixio para poñer en valor "un patrimonio colectivo".

Advirte de que a educación nestes momentos non cumpre o obxectivo estratéxico de poder dispoñer de dúas linguas en pé de igualdade e isto "é unha traxedia". Pide actuacións públicas para fomentar a penetración do galego no lecer, a través de iniciativas na TVG, plataformas, videjuegos ou redes sociais.

Reclama implicación de todas as forzas políticas en "un pacto pola lingua", unha política de sumar sinalando que todas as voces deben ser escoitadas e todas son boas. Pide a todas as partes unha actitude construtiva.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00