O foro As mulleres que opinan son perigosas volve as súas orixes
Celebrarase no Teatro Principal, entre os días 14 e 15 de marzo, con entrada de balde


O foro, promovido polo Concello e a Deputación de Pontevedra, e ideado polas xornalistas
Diana López Varela e Susana Pedreira contará coa presencia de María Escario, Anna Bosch, Olga Rodríguez ou Aida Bao, entre moitas outras voces. Celebrarase no Teatro Principal, entre os días 14 e 15 de marzo, con entrada de balde.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo encomiar o labor de Diana López Varela e de Susana Pedreira, como ideólogas e coordinadoras desta cita. Tamén agradeceulle á Deputación de Pontevedra o seu apoio á hora de cofinanciar unha proposta pioneira no Estado e no país, e que a día de hoxe se sitúa como o mellor a máis importante foro da súa clase e polo que xa pasaron lendas da comunicación e do xornalismo.
Pola sua banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López defendeu o poder da “palabra” para construír unha sociedade en igualdade na presentación desta oitava edición do foro “As mulleres que opinan son perigosas”…
As creadoras do foro, Diana López e Susana Pedreira deixaron claro na presentación que esta edición é unha volta as orixes e relataron a programación:
Venres 14 de marzo:
◦ 12:00 h
“Non hai historia mala” María Hermida, de La Voz de Galicia
◦ 12:45 h
“Cuantificar, contextualizar e documentar a violencia machista” Macarena Baena, responsable de Efe Feminista
◦ 13:30 h
“As malas nais e as fillas horribles: (un tabú?) máis alá da ficción” Blanca Lacasa, xornalista e escritora autora de Las hijas horribles
◦ 14:15 h
Pausa para xantar
◦ 17:00 h
“Pensando en ti. Experiencias persoais e opinións de madrugada” Raquel Rosa, da Radio Galega
◦ 17:45 h
“Xornalismo de investigación contra a violencia sexual” Ana Marcos e Elena Reina, equipo de investigación de abusos no cine de El País
◦ 18:30 h
Pausa para café
◦ 18:45 h
“Feridas de guerra. Desmontando o relato patriarcal dos conflitos” Olga Rodríguez, xornalista especializada en información internacional e dereitos humanos de Eldiario.es
◦ 19:30 h
“Unha vida dedicada á información. Corenta anos de televisión” María Escario, xornalista de TVE xubilada
• Sábado 15 de marzo
◦ 12:00 h
Inauguración
Diana López e Susana Pedreira, co Concello e coa Deputación
◦ 12:30 h
Gañadoras do II Premio de Opinión #MulleresQueOPinan María Piñeiro e Antía Yáñez
◦ 13:15 h
“Coordinar unha sección de opinión” Noelia Adánez, coordinadora de opinión en Público
◦ 14:00 h
Pausa para xantar
◦ 17:00 h
“Notas de voz na terraza. Opinar en videocolumna” Aida Bao, da Cadena SER
◦ 17:45 h
“Unha homosexualidade propia. Identidade lésbica e referentes culturais”
Inés Martín Rodrigo, xornalista e escritora do Grupo Prensa Ibérica e RNE
◦ 18:30 h
Pausa para café
◦ 18:45 h
“Explicar a actualidade a través do humor” Raquel Martos, xornalista e escritora de Onda Cero e infoLibre
◦ 19:30 h
“De Moscú a Londres pasando por Washington. O oficio de correspondente e enviada especial” Anna Bosch, correspondente e enviada especial de TVE. Escribe opinión en RTVE.es