Sumrrá cumpre 25 anos na vangarda do jazz
O trío publicará o seu oitavo disco neste 2025

Sumrrá: 25 anos dun jazz inclasificable
14:08
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
Despois de 25 anos, Sumrrá segue sorprendendo. O trío formado polo batería Lar Legido, o pianista Manuel Rodríguez e o contrabaixista Xacobe Martínez naceu coa sinxela pretensión de "dar catro concertos" e están a piques de publicar o seu oitavo disco (será ao longo deste 2025).
Sumrrá celebra o seu cuarto de século cunha xira de "greatest hits" e a ilusión de seguir facendo música. O seu son fuxe de etiquetas e continúa a ser un referente na escena do jazz nacional e internacional.