Sociedad

Amorín, en Chantada, ou Bicos, en Abadín: os lugares máis románticos da provincia de Lugo

“A toponimia é un reflexo da historia e da xeografía, pero tamén dos sentimentos que marcaron as nosas terras”, explica a filóloga galega Andrea Santiso

Amorín, en Chantada, ou Bicos, en Abadín: os lugares máis románticos da provincia de Lugo

Amorín, en Chantada, ou Bicos, en Abadín: os lugares máis románticos da provincia de Lugo

07:40

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

"Na nosa toponimia hai un reflexo da nosa historia, da xeografía, pero tamén dos sentimentos que marcaron as nosas terras ao longo do tempo", explica a filóloga galega Andrea Santiso. Ademais de Cariño, na provincia da Coruña, no territorio lucense tamén hai exemplos de nomes de lugares que se poden asociar "ao amor e ao cariño que temos". É o caso de lugares como a parroquia de Vilamor, que se atopa en Folgoso do Courel, ou de Amorín. Deste segundo topónimo atopamos tres exemplos, nos concellos de Castro de Rei, Pantón e Chantada.

Se afondamos na súa etimoloxía, explica a filóloga, temos que "sobreentender Vila Amorini". O caso é que non se pode pensar no concepto que hoxe temos asociado á palabra vila, como "unha entidade de poboación máis pequena ca unha cidade e máis grande ca unha aldea", senón que se trata "dunha casa ou explotación agropecuaria que era propiedade dunha persoa". Estamos a falar dun topónimo derivado do nome dunha persoa de importancia na zona, que neste caso se chamaría Amorinus.

Se afondamos algo máis na orixe etimolóxica do nome propio poderíase especular que tiña que ver, efectivamente, cunha cualidade cariñosa da persoa, porque segundo confirma Andrea Santiso, este antropónimo deriva da palabra 'amor'. O primeiro rexistro que se atopa del remóntase ao ano 908.

Outro topónimo que poderíamos catalogar como dos máis románticos da provincia é o de Bicos. Trátase dun pequeno lugar, de menos dunha decena de casas, que localizamos no termo municipal de Abadín, na parroquia de Galgao. Iso si, neste caso a evolución etimolóxica fai parecer o que non é, porque "podería ser unha evolución de 'Picos' e a súa orixe é celta".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00