Sociedad

Olga López Racamonde: “Ninguén debe xulgar o xeito no que se enfronta un cancro, só cada un sabe o que ten por dentro”

A concelleira de Benestar Social e Maiores en Lugo, que quixo compaxinar a enfermidade co seu traballo, relata a súa experiencia persoal coa enfermidade e como a sociedade pon aínda máis trabas aos pacientes

Olga López Racamonde: “Ninguén debe xulgar o xeito no que se enfronta un cancro, só cada un sabe o que ten por dentro”

Olga López Racamonde: “Ninguén debe xulgar o xeito no que se enfronta un cancro, só cada un sabe o que ten por dentro”

11:35

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

Cando Olga López Racamonde recibiu o seu prognóstico de cancro os médicos trasladáronlle que a súa esperanza de vida era de entre dous e cinco anos, con sorte, e a primeira opción foi darlle tratamentos paliativos. "Ese día foi terrible", conta, "porque eu era unha persoa sá, nunca fumei, nunca bebín, e pasei de pensar que tiña unha afección ocular menor a saber que tiña un cancro de mama en estadío 4, que é o peor tipo".

Ao principio custoulle asimilar un diagnóstico que rematou por cambiar: "Tiven a sorte de ser unha das pacientes que respondeu de forma espectacular a un tratamento que se aprobara tan só un ano antes". Por iso asegura que lle debe a vida "á investigación e á sanidade pública, que é a que me permite acceder a un tratamento que custa 4.000 euros mensuais, que sería moi complicado recibir doutro xeito, e que é o que me permitiu cronificar a enfermidade, non estou curada e probablemente nunca o estarei, pero xa é moito porque significa que sigo viva".

"Non sabemos a sanidade que temos", sinala, e reivindica a necesidade de apostar por unha medicina individualizada: "Eu débolle a vida a persoas que creron que tiña unha oportunidade, e eu loitei por ela; en moitas enfermidades, pero no cancro a atención ten que ir cara a individulización porque cada paciente é un mundo".

Con todo, "o día a día non é doado". Foi especialmente complicado ao principio, "ademais partindo do lugar dende o que partía eu, cun prognóstico malo, moi malo", e por iso agradece todo o apoio que tivo. Considera "un privilexio de vida" poder facer vida normal e "saír á rúa todos os días, aínda cas miñas eivas e as miñas dificultades".

Fai un chamamento á normalización de convivir cunha enfermidade coma o cancro, pero "sendo moi consciente de que non todo o mundo ten as ferramentas e os apoios que tiven eu e que hai xente que non pode compaxinalo". No seu caso, decidiu non abandonar a corporación municipal do concello de Lugo, e continuou, excepto durante uns períodos de baixa moi breves, á fronte da concellería de Maiores e Benestar Social en todo momento. "Eu toda a vida traballei moito e pensar en deixalo todo para min era psicolóxicamente terrible", di. "Faleino coa miña familia, coa miña parella, que é un dos grandes sufridores de todo isto e o seu apoio foi vital para poder estar aquí, e xunto co meu fillo decidimos intentar seguir co día a día", conta emocionada.

Incomprensión social

Ademais das dificultades que a propia enfermidade trae consigo, continuar na vida público significou tamén que se "opinouse moito sobre o meu cancro". Cre que especialmente o cancro de mama se infantiliza moito: "Cada vez odio máis o laciño rosa, síntoo moito, pero faise mercantilismo con el". Explica ademais que cada vez intenta exteriorizalo menos e só fala do tema coa súa familia, en conversas que "temos moitas veces e que teñen sido moi duras", porque ten recibido "opinións que reflexaban que, por ser política, o meu cancro importaba menos". Pon outro exemplo, que é ter escoitado "que tiña sorte de ter este tipo de cancro e non outro, que é unha enorme barbaridade".

Entende que, socialmente, queda aínda asumir que "só cada persoa sabe o que leva por dentro" para evitar "que calquera opine dunha forma tan frívola". "Eu considero que son unha muller empoderada e creo que me defendo ben nese tipo de situacións", continúa, "pero son consciente de que non todo o mundo está nas mesmas circunstancias e a esas persoas eu diríalles que non se miren noutro espello, e que o seu cancro non é menos importante ca calquera outro".

Nese sentido, engade que "cada un ten que buscar a súa propia maneira de enfrontar a enfermidade, e non debemos permitir que ninguén nos xulgue pola que escollemos, porque todas son lexítimas, non nolas poden impoñer". Dende a súa experiencia, resalta a importancia que pode ter para algunas persoas poder conciliar un diagnóstico de cancro coa súa vida social e profesional. Pero tamén recoñece que "non todo o mundo pode facelo" porque a sociedade non o permite.

Isto, reivindica, ten que cambiar: "Non podemos darlle as costas ás persoas que teñen algunha limitación, sexa esta ou outra, porque eu creo que incluso estamos perdendo valor, coñecemento, e ademais privando á xente de vivir". "Temos que permitir, como sociedade", continúa, "que as persoas con cancro poidan continuar a súa vida, porque eu formaba parte dela antes do meu diagnóstico, pero tamén despois".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00