Tramo final para participar na selección do cartaz que representará a Feira do Viño
Este ano celébrase a 62ª edición

Algúns dos carteis expostos. / Cadena SER

Ourense
Ata este domingo, día 9, todos os que o desexen poden acudir á Igrexa da Magdalena para ver os carteis, que optan a representar unha nova edición dun dos actos máis importantes da devandita localidade, e votar os 5 que máis lles gusten.
Da votación popular sairán os finalistas e de entre eles un xurado popular, que estará composto por un representante do Consello Regulador, outro do Concello de Ribadavia e dous técnicos de deseño, elixirá o gañador.