Sociedad

Pilar García Porto: "O modelo de turismo ten que ser sostible a longo prazo e temos que apreciar máis o noso"

A deputada de turismo pasouse polos micrófonos de Radio Lugo tras unha resaca "moi positiva" en FITUR

Pilar García Porto: "O modelo de turismo ten que ser sostible a longo prazo e temos que apreciar máis o noso"

Pilar García Porto: "O modelo de turismo ten que ser sostible a longo prazo e temos que apreciar máis o noso"

08:05

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

lugo

A Deputación de Lugo celebra a "resaca positiva" do seu paso por FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se festexa en Madrid. Este ano, a institución provincial apostou por xogar cun elemento vertebrador e común a todo o territorio: a auga.

A deputada de turismo, Pilar García Porto, remarcou no seu paso polos micrófonos de Radio Lugo que "a nosa provincia nada ten que envexar a outras partes do mundo", pola súa riqueza natural, cultural e patrimonial.

Porto subliñou a necesidade de querer máis "o que temos en Lugo" e engadíu que "como sempre lle digo aos veciños, que non hai mellor forma de viaxar que coller o seu bastón e sair pasear polo concello ou coller o coche e ir de excursión a lugares limítrofes".

A deputada de turismo pensa que o modelo de turismo ha de ser respetuoso e sostible "a longo prazo e non pensar en resultados rápidos sen ir máis alá".

Lugo: Mergúllate na maxia das súas augas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou a nova campaña de turismo da institución provincial Provincia de Lugo: Mergúllate na maxia das súas augas. Esta proposta representa a aposta da Deputación por promocionar o turismo azul, ao mesmo tempo que se enmarca no seu modelo de promoción do territorio. No acto de presentación do audiovisual, que estivo moderado por Alberte Cabarcos, tamén participou a guía turística da Mariña, Ana Pena, e o pescador da comarca da Ulloa, David Criado.

“Sempre que vimos a Fitur, invitámolos a percorrer os camiños de Lugo, moitos deles rutas do Camiño de Santiago de Compostela. Este ano, propoñémoslles que viaxen polos camiños da auga, porque a incrible diversidade das paisaxes de Lugo, desde os Canóns do Sil á costa da Mariña, é froito da nosa privilexiada relación coa auga. Ese elemento máxico que é difícil de atopar no universo, que resulta indispensable para a vida, e que en Lugo nos amosa todas as súas caras e todas as súas posibilidades”, avanzou o mandatario provincial.

José Tomé fixo referencia ás rutas en catamarán que impulsa a institución provincial pola Ribeira Sacra e destacou que “61.500 persoas a realizaron en 2024 e a cifra non deixou de crecer”. Ademais desta proposta, o Presidente recalcou que “temos paisaxes únicas, como as illas fluviais do Miño e reunimos ao 40% dos zonas húmidas inventariadas en Galicia, con lagoas tan diversas como a de Lucenza ou os lagos de Lousada, ligadas á antiga actividade mineira”.

Na súa intervención recordou que Lugo conta con 100 quilómetros de costa e definiu as praias da costa lucense como “unha paisaxe máxica na Mariña, onde Lugo e o Cantábrico debuxan xuntos trazos de espuma e olas”. Subliñou tamén que “ao redor da auga, sempre está presente a gastronomía, porque si Lugo ten carnes de primeiro nivel, o mesmo acontece cos nosos pescados, como o bonito do Celeiro”.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00