Afundidas as dúas partes do narcosubmarino aparecido na ría de Camariñas
As complicacións ao remolcar a parte de proa provocaron que acabase no fondo da ría como xa acontecera onte coa popa
O servizo marítimo intentou esta mañá de xoves remolcar ao porto de Camariñas a sección que permanecía en superficie do narcosubmarino atopado onte por un pesqueiro de Laxe. O somerxible atopábase a menos dunha milla do porto camariñá. Os traballos foron complicados ao longo de toda a mañá debido á rotura constante da cadea utilizada.
En colaboración da embarcación Sebastián Docampo intentouse levar a sección da nave cara o remolcador, este traballo ocasionou a perda da burbulla de aire que maniña esta sección aboiada e provocou entrada de auga no casco e finalmente afundiuse a uns 500 metros do porto. Nese momento suspendéronse os traballos de rescate debido a que xa non supón un perigo para a navegación.
Debido ao temporal previsto para mañá, hai aviso laranxa na zona, tamén se cancela o traballo de retirada do casco.
Continua a investigación
Mentres, continúan os traballos de investigación e control na área para avanzar nas indagacións que permitan esclarecer o acontecido.
Todo apunta a que a carga do narcosubmarino tería sido descargada na praia muxiá dos Muíños horas antes da aparición da nave semisomerxible, que tiña o zapón aberto no momento que foi atopada, probablemente coa intención de que se afundise.
Un submarino de entre 15 e 20 metros foi atopado este mércores ao redor das 9 da mañá polo pesqueiro de Laxe María Cristina preto da Punta da Barca en Muxía. Logo de das aviso al 112 procederon a remolcar o somerxible cara o porto de Camariñas. Antes de chegar a destino o cabo rompeu e o submarino afundiuse pola parte de popa provocando que se partise en dúas seccións, quedando aboiada a proa, a uns 100 ou 200 metros da outra parte da embarcación.
A subdelegada do Gobernos María Rivas non quixo confirmar aínda que se trate dunha nave utilizada para o tráfico de drogas, pero si recoñeceu que o semisomerxible atopado na Costa da Morte ten unhas características similares aos narcosubmarinos chegados anteriormente ás costas galegas.
Ata o lugar desprazáronse varios efectivos da Garda Civil e Policía Xudicial para asegurar a zona e coordinar os traballos de investigación e rescate da embarcación. Tamén se incorporaron ao traballos os GEAS e o servizo aéreo da Garda Civil para estudar como reflotar a parte do submarino e trasladar as dúas seccións ao porto camariñán.
Dous episodios anteriores
Esta é a primeira vez que unha embarcación destas caracteristicas aparece á Costa da Morte e a terceira que se atopa unha en Galicia.
En 2019 localizárase un na ría de Aldán, con máis de 3.000 kilos de cocaína no interior. A tripulación intentara afundilo sen éxito,houbo tres detidos.
O segundo episodio foi en marzo de 2023. Foi un mariñeiro quen localizou o semisomerxible preto do porto de Vilaxoán. non se atopou droga en su interior.