Xinzo presenta o Entroido 2025: máis dun mes de festa, tradición e música
Do 8 de febreiro ao 9 de marzo, Xinzo celebrará o Entroido máis longo de Europa

Cartel do programa do Entroido de 2025 de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia
O Entroido de Xinzo de Limia, recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional, arrincará o sábado 8 de febreiro co tradicional Petardazo e prolongarase ata o domingo 9 de marzo co Domingo de Piñata, nunha edición que reafirma o seu carácter como "o Entroido máis extenso e único de Europa", segundo asegurou o Concello.
Durante a presentación, que tivo lugar o pasado mércores, o alcalde, Amador Díaz, subliñou que "o Entroido de Xinzo é unha cita imprescindible, non só para a nosa vila, senón para toda Galicia e máis aló. É un orgullo convidar a todas e todos a participar nunha celebración que pon en valor a nosa cultura, a nosa tradición e a nosa hospitalidade”
A música será unha das grandes protagonistas desta edición, con máis de 60 pases de charangas e a participación de máis de 40 grupos e artistas ao longo dun mes de programación. Entre os nomes destacados atópanse Zurrumalla, que actuará no Colgamento do Meco, a orquestra Kubo, que pechará o Domingo de Piñata, e a actuación especial de Leticia Sabater na 1ª Festa Glam Entroido.
8 DE FEBREIRO SABADO PETARDAZO
21:00 Praza de San Roque previo petardazo con JACKLOOPS, LETHX SOUND, MUIÑOS E JOHN CHRST.
23:00 Praza Carlos Casares comezo do espectáculo A GRAMOLA TOUR LIFE.
00:00 Praza Carlos Casares PETARDAZO BENVIDA ENTROIDO 2025.
00:10 Praza Carlos Casares comezo do pasarrúas con XITUMA BATUKE.
00:15 Praza Carlos Casares A GRAMOLA TOUR LIFE.
00:30 Praza de San Roque segue a festa con JAY RODRIC (intro), LA VERA NOTTE e DANI RODRIGUEZ.
01:00 Comezo do pasarrúas con ACHICORIA.
02:00 Segundo pase con XITUMA BATUKE.
9 DE FEBREIRO DOMINGO FARELEIRO
16:30 Saída do museo do Entroido do carro coa fariña.
17:00 Reparto da fariña e posterior comezo da farelada na Praza Maior.
15 DE FEBREIRO SÁBADO COLGAMENTO DO MECO
Entre lusco e fusco, o MECO percorrerá o casco vello dende o Museo Galego do Entroido ata a praza de Oriente acompañado de toda a comitiva do Entroido.
19:30 Comezo da procesión do MECO dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior pasando por A Sé, Do Peto e Avdenida de Ourense.
21:00 Rúa Curros Enriquez comezo do Concerto-espectáculo con Vai Rañala Meu e Zurrumalla.
16 DE FEBREIRO DOMINGO OLEIRO
12:00 Saída dende o MUGAE do carro coas olas.
12:30 Oleiro Infantil na Praza Maior.
16:30 Saída dende o MUGAE do carro das olas.
17:00 Oleiro na Praza Maior e rúas do casco vello.
Durante todo o día música e animación con Tarde Piaches, Lirolailo, Os da Pedra Alta, Os Jalos de Antioquía e Aimil por rúas e prazas.
(Agradécese a todas as persoas participantes que porten vestimentas do estilo da primeira metade do século XX)
22 FEBREIRO SÁBADO CORREDOIRO
21:00 Praza san Roque: Xuntanza de disfraces e grupos de disfraces para iniciar o baile de corredoiro coa orquestra LOS PLAYERS (1º pase).
PASARRÚAS:
22:00 Charanga Sound Band
23.00 Charanga Élite
00:00 Baile de disfraces coa orquestra LOS PLAYERS (2º Pase)
00:00 Charanga Sound Band
01:00 Charanga Élite
02:00 Charanga Sound Band
23 DE FEBREIRO DOMINGO DE CORREDOIRO
Primeiro día no que as PANTALLAS saen a rúa no Entroido 2025.
12:00 Xuntanza de Pantallas e grupos de Pantallas diante do MUGAE para posteriormente chegar todas xuntas ata a Praza Maior por Dous de maio e Avdenida de Madrid.
PASARRÚAS:
12:00 Charanga Élite
13:00 Charanga Sound Band
14.00 Charanga Élite
18:00 Charanga Sound Band
19:00 Charanga Élite
20:00 Charanga Sound Band
21:00 Charanga Élite
28 DE FEBREIRO VENRES DE ENTROIDO
11:30 Gran desfile infantil polas principais rúas da Vila acompañado pola música das charangas e de grupos de animación.
18:00 Animación Infantil. Na Praza Maior
21:00 Praza Maior Primeiro pase da Charanga LOUBAND
22:00 Comezo da 1ª Festa Glam Entroido de Xinzo coa actuación estelar de LETICIA SABATER e Recoñecidos DJS
( Pregase vir vestidos con temática ochenteira, Brilli Brilli ou similar )
23:30 Praza Maior Charanga LOUBAND
1 DE MARZO SABADO DE ENTROIDO
PASARRÚAS:
12:00 Charanga X
13:00 Charanga LOS FUGITIVOS
14:00 Charanga X
18:00 Concerto da AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA. Na carpa da media Lúa do Toural.
PASARRÚAS:
18:00 Charanga X
19:00 Charanga ACHICORIA
20:00 Charanga LOS FUGITIVOS
21:00 Charanga PATALEA
21:30 Praza San Roque Orquestra TRÉBOL.
PASARRÚAS:
22:00 Charanga LOS FUGITIVOS
22.30 Charanga PATALEA
23:00 Charanga ACHICORIA
00:00 Charanga PATALEA
00:00 Orquestra Trébol. Na carpa da media Lúa do Toural.
12:30 Praza Maior comezo da actución de LA DUENDENETA
PASARRÚAS:
01:00 Charanga LOS FUGITIVOS
02:00 Charanga PATALEA
2 DE MARZO DOMINGO DE ENTROIDO
11:00 Alborada coa charanga BANDIÑOS BAND
11:30 Alborada coa Agrupación Musical da Limia
12:00 Charanga PATALEA
12:30 Praza Maior sesión vermú con LA DUENDENETA
13:00 Charanga ACHICORIA
14:00 Charanga PATALEA
18:00 Charanga LOS FUGITIVOS
19:00 Charanga PATALEA
20.00 Charanga ARMANDO JARANA
21:00 Charanga LOS FUGITIVOS
22:00 Charanga ARMANDO JARANA
23:00 Pasarrúas cos FESTICULTORES TROUPE
00:00 Charanga LOS FUGITIVOS
01:00 Praza Maior FESTICULTORES TROUPE
3 MARZO LUNS DE ENTROIDO
PASARRÚAS:
12:00 Charanga ARMANDO JARANA
13:00 Charanga BBB
14:00 Charanga ARMANDO JARANA
18:00 Charanga BBB
18:30 Praza Maior ANIMACIÓN INFANTIL
19:00 Charanga BCB
20:00 Charanga ACHICORIA
21:00 Charanga BB+
22:00 Charanga ARMANDO JARANA
22:30 Charanga BBB
23:00 Charanga BCB
23:30 Charanga ARMANDO JARANA
00:00 Charanga BB+
00:30 Charanga ACHICORIA
01:00 Charanga BCB
01:30 Charanga BB+
4 DE MARZO MARTES DE ENTROIDO
12:00 Charanga BBB
13:00 Charanga BB+
14:00 Charanga BBB
17:00 GRAN DESFILE do Entroido 2025 (Haberá 3000 euros en premios)
19:00 Praza San Roque Orquestra ORIGEN
19:00 Charanga BBB
20:00 Charanga BB+
21:00 Charanga ACHICORIA
5 MARZO ENTERRO DA SARDIÑA
20:00 Solemne Procesión da Sardiña coa Agrupación Musical da Limia.
21:00 Lectura do testamento que deixou a Sardiña na Praza Maior e posterior queima da sardiña.
8 MARZO SABADO DE PIÑATA
18:30 Praza Maior Xogo da CUCAÑA
20:00 Praza Maior Baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical do DUO EXPLOSIÓN
(Prégase vir disfrazados con capuchóns ou calquera disfrace coa cara tapada)
9 DE MARZO DOMINGO DE PIÑATA
12:00 Charanga QUELOQUE´S
13:00 Charanga BCB
14:00 Charanga QUELOQUE´S
17:30 Praza Maior: Actividades Infantís e obradoiros
18:00 Charanga BCB
19:00 Avd de Ourense ACTUACIÓN DA GRAN ORQUESTRA KUBO
20:00 Charanga QUELOQUE´S
21:00 Charanga BCB