Detida unha segunda persoa polo acoitelamento dun mozo en Cee na véspera de Reis
O detido ingresou en prisión por orde do Xulgado de Instrución de Corcubión
A Garda Civil detivo nas últimas horas a unha segunda persoa como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa por acoitelar a un mozo na tarde do cinco de xaneiro en Cee durante o transcurso da Cabalgata de Reis. A primeira detención, dun menor de idade, tivo lugar o 6 de xaneiro, o mozo foi ingresado nun centro de menores ate a celebración do xuizo.
Segundo a investigación, un dos detidos increpou á vítima dentro dun establecemento, continuando a discusión na rúa. Logo, nun calexón, o agresor asestoulle unha coitelada no abdome. A vítima conseguiu fuxir ata a Alameda, onde caeu ao chan.
A Garda Civil activou un operativo no lugar, onde un médico e unha enfermeira fóra de servizo atenderon inicialmente ao ferido ata a chegada dos servizos sanitarios. A vítima foi estabilizada e trasladada ao hospital.
Tras as pescudas, o 6 de xaneiro detívose un dos autores, menor de idade, sendo posto a disposición da Fiscalía de Menores. Onte detívose ao presunto coautor, quen ingresou en prisión por orde do Xulgado de Instrución de Corcubión.