Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Detidos os autores do asalto a unha xoiería en Cee

Trátase de dous individuos xa coñecidos polas forzas de seguridade

Imaxe da xoiería asaltada o pasado mes de xullo

Imaxe da xoiería asaltada o pasado mes de xullo

Cee

A Garda Civil detivo aos autores do atraco nunha céntrica xoiería en Cee o pasado mes de xullo. Os presuntos autores dos feitos son un varón de A Laracha e unha muller de Cerceda. Ambos foron postos a disposición xudicial en Carballo, decretándose o ingreso do detido nun centro penitenciario.

O asalto tivo lugar o 9 de xullo, cando os dous detidos irrumpiron na Xoiería Teresa co fin de interesarse pola compra duns pendentes. Os atacantes aproveitaron un momento no que a propietaria doulles as costas para que o varón, que cubría a súa faciana cunha gorra, saltase polo mostrador para rociar á vítima cun sprai de defensa persoal. Logo de botala ao chan para evitar que puidese pulsar o botón de alarma, fixéronse con xoias por valor de máis de 1300 euros e cun sobre con 3000 euros.

A Garda Civil iniciou unha investigación coa sospeita de que os asaltantes eran delincuentes xa fichados polas forzas de seguridade, unha hipótese que o tempo amosou ser certa.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir