Abre o parque de Nadal Limialandia
Xa se pode visitar, de balde, ata o 6 de xaneiro

Limialandia estará aberto ata o 6 de xaneiro

O Concello de Xinzo vén de anunciar a celebración dunha nova edición de Limialandia, o parque de lecer do Nadal, que abre este luns día 30 de decembro no Pavillón de Deportes de Xinzo e inclúe inchables, pintacaras, tatuaxes e xogos co obxectivo de ofrecer unha opción de diversión para os máis pequenos da casa.
Este parque de Nadal está destinado a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos e a entrada será totalmente de balde, con aforo limitado a 60 participantes por hora.
Limialandia estará aberto ata o 6 de xaneiro de 10:30 a 13:30 horas, agás os días 30 de decembro e 1 de xaneiro, e de 16:00 a 20:00 horas, agás os días 31 de decembro e 5 de xaneiro.
Dende o Concello lembran que será necesario levar calzado axeitado para participar nas actividades.