Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ribadavia celebra ‘O Malgosto’ este sábado con música, pulpo e moita troula na Madalena

“O magosto que sae mal”

Cartaz do Malgosto. / Cadena SER

Cartaz do Malgosto.

Ribadavia

A Asociación Arteficial, en colaboración co Concello de Ribadavia, presenta a segunda edición do seu particular Malgosto, “O magosto que sae mal”. Este evento celebrarase ao longo este sábado, día 30, entre as 13,00 e as 23,00 horas na Igrexa da Madalena.

Esta proposta nace en base a festas e tradicións galegas como as romarías, as verbenas e as foliadas e do concepto da esmorga ou a algueirada. Busca fusionar tradición e a modernidade e haberá diferentes actividades e propostas para pasar unha xornada chea de diversión, música, comida e ledicia.

O evento contará con varios espazos de música, como unha foliada, unha picada de música galega, pandereteiras ou cantos de taberna ao longo de todo o día. Pero os concertos e a música non será o único que conforme o programa do Malgosto, xa que tamén se desenvolverá un obradoiro de baile tradicional ou un sorteo de rifas no que se poderán gañar productos de proximidade de comerciantes do Ribeiro.

O apartado musical contará coa presenza das DJs Maruxa e Coralia e Les Canes do Pozo, mentres na foliada participarán as pandereteiras de Fuscalla e o grupo Malas Herbas. A xornada comezará cunha primeira sesión vermú cunha picada de música disco-funk e outras propostas do programa, que se alongará ata despois de comer, cando comece a segunda sesión do día máis enfocada na foliada e o baile. Rematarase cun concerto no local La Huella del Gato, ubicado na Praza Maior cunha picada por parte dalgúns integrantes da organización.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir