Sociedad

O Concello de Ribadavia acometerá obras urxentes no bombeo de Extramuros

Pretende eliminar o risco de verteduras ao río

EBAR de Extramuros. / Cadena SER

EBAR de Extramuros.

Ribadavia

O Concello de Ribadavia iniciará un proxecto de limpeza e reparación na Estación de Bombeo de Augas Residuais, EBAR, de Extramuros, unha infraestrutura clave para o sistema de saneamento municipal. As actuacións, cun orzamento de 111.482,71 euros que aportará o Concello, serán executadas nun prazo estimado de dúas semanas.

A intervención responde á situación crítica detectada na última inspección, onde se comprobou que unha das bombas principais estaba fóra de funcionamento e o pozo de bombeo presentaba unha importante acumulación de sólidos. Esta situación supón un risco inminente de atasco e posibles vertidos ao río Avia, o que podería xerar graves problemas ambientais.

“Trátase dun investimento importante que vai facer o Concello, pero que é necesario e urxente xa que nos permitirá dar solución a un problema serio e que se vén arrastrando dende hai anos. Con esta actuación a estación de bombeo quedará totalmente renovada e eliminando definitivamente os problemas existentes nese tramo da rede de saneamento municipal”, explica César Fernández, alcalde de Ribadavia.

O proxecto inclúe varias actuacións principais, como a instalación dun Bypass temporal que consiste na colocación dunha unha bomba sumerxible para desviar o fluxo de augas residuais durante os traballos, evitando posibles vertidos.

Así mesmo, tamén se levará a cabo unha limpieza en profundidade na que se procederá á retirada de residuos, así como do pozo de bombeo para mellorar o seu funcionamento.

Ademais, contémplase a reparación e renovación de equipos, na que se substituirán as bombas danadas, ademais de renovar o sistema de guías e pedestais. Tamén se cambiarán as válvulas de peche e se acondicionará a caseta de bombeo.

Estas obras realizaranse mediante un procedemento de contratación aberto, no que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas. A adxudicación valorarase a través de varios criterios, como o prezo ofertado e a ampliación do prazo de garantía, establecéndose un mínimo dun ano para comprobar a calidade dos traballos executados.

A iniciativa tamén inclúe medidas para fomentar a inserción laboral, esixindo que a empresa adxudicataria contrate ao menos un 25% de persoas en situación de desemprego ou pertencentes a colectivos desfavorecidos.

Con este investimento e obras, o Concello de Ribadavia reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas de saneamento, co obxectivo de protexer o medio ambiente e garantir un servizo eficiente á veciñanza.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00