Borja Fernández abrirá unha nova tempada en Afiador
O adestrador de U.D. Ourense Borja Fdez, explicará a experiencia como futbolista profesional

Borja Fernández abrirá unha nova tempada en Afiador / Afiador

O vindeiro luns, día 4 de novembro, a partir das 20:30 horas, organiza no salón de actos da RFGF, no campo de O Couto, a primeira xornada formativa desta tempada, dirixida a tódolos técnicos ourensáns, a cargo do futbolista ourensán, xunto con Miguel Ángel-DEP-, quizais con maior proxección profesional e que agora, como sabedes, ocupa o banco da Unión Deportiva Ourense, onde está a facer un gran traballo.
Borja Fernández, abrirá unha nova tempada en Afiador, explicando a maneira de aplicar a súa experiencia como futbolista profesional á dirección técnica na ASociación de adestradores Afiador.