Sociedad

Establecementos Asociados agasalla aos seus clientes con 1.000 bonos de compra de 50 euros a un prezo de 30

Moverá 50.000 euros no comercio local

Presentación del Bono Comercio de Ribadavia. / Cadena SER

Presentación del Bono Comercio de Ribadavia.

Ribeiro

Dende xa e ata o 30 de novembro, Ribadavia convértese nun referente de apoio ao comercio local coa campaña de Bono Comercio, impulsada polos Establecementos Asociados do Ribeiro (EAR). Con esta iniciativa, ofrécense 1.000 bonos de 50 euros cada un, polos que os usuarios só pagarán 30 euros, xa que o Concello de Ribadavia, moi especialmente, e as institucións colaboradoras achegarán os 20 euros restantes para incentivar as compras.

O programa, respaldado economicamente cunha achega total de 20.000 euros, conta cunha participación destacada do Concello de Ribadavia, que contribúe con 10.000 euros, mentres que os 10.000 restantes son financiados pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense a través do INORDE. Deste xeito, o Concello reafirma o seu compromiso co comercio local, esencial para o dinamismo e a vida da vila.

Ademais, a tecnoloxía e a plataforma dixital para descargar os bonos foron desenvolvidas por Elitek Solutions, unha empresa con sede en Ribadavia, o que non só reforza a aposta polo comercio local, senón tamén pola innovación e o talento. Os interesados poden adquirir os seus bonos en calquera negocio asociado a EAR e gastalos nunha ou varias compras nos comercios participantes.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, destacou a importancia desta campaña para a economía local: "Dende o Concello de Ribadavia consideramos fundamental apoiar ao comercio local e por iso, todos os anos destinamos recursos municipais ao convenio cos establecementos asociados. Así pretendemos dinamizar o comercio local porque entendemos que Ribadavia precisa do seu comercio para seguir sendo unha vila con vida".

Para obter un destes bonos, os cidadáns poden acceder a través do código QR presente nos carteis promocionais ou visitar a páxina web oficial da campaña en ribadaviacheadevida.com.

Con esta iniciativa, Ribadavia reforza o seu compromiso co comercio de proximidade, promovendo un entorno no que as compras locais contribúen á economía e o benestar da comunidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00