Actualidad

O II Concurso de Patapas de Xinzo repartirá más de 2.500 euros en premios

Ampliará a súa duración e contará con máis locais participantes

Reunión de onte. / Cadena SER

Reunión de onte.

Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración co sector hostaleiro, anuncia as datas e o formato do II Concurso de Patapas, que nesta edición estenderá a súa duración para dar resposta á gran acollida da súa primeira convocatoria. O evento celebrarase durante tres fins de semana consecutivos, abranguendo do 21 ao 24 de novembro, do 28 de novembro ao 1 de decembro e do 5 ao 8 de decembro, con horario de xoves a domingo, tanto ao mediodía como pola noite.

O prezo de cada pincho manterase en 2 euros, garantindo así o acceso a unha ampla variedade de creacións gastronómicas nos diferentes locais participantes. Cada establecemento ofrecerá un pincho único elaborado con pataca limiá que deberá estar dispoñible durante todo o concurso, facilitando que as persoas asistentes poidan planificar a súa ruta e gozar dun percorrido gastronómico variado e de calidade.

Nesta segunda edición, o evento contará cunha maior participación de establecementos, un feito que pon de manifesto o compromiso da hostalería local coa dinamización económica e social do municipio. Ademais, as persoas que participen na ruta de bares terán a oportunidade de optar a premios que suman máis de 2.500 euros, un aliciente que incrementa o interese tanto entre veciñanza coma entre visitantes. Estes premios serán gastados en calquera establecemento local, xerando un retorno positivo tamén para os negocios do municipio.

Para fortalecer a difusión e dinamización, repetirase o sorteo nas redes sociais, un elemento que o ano pasado demostrou o seu potencial cun alcance de máis de 200.000 impactos. Animamos a todos os veciños e visitantes a reservar as datas e preparar o apetito para este II Concurso de Patapas, que promete ser unha festa gastronómica para o padal e un impulso para o comercio local.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00