O 10º Rallymix Concello de Barbadás pecha o Campionato Xunta de Galicia
Esta será a derradeira proba da tempada

Rallymix Concello de Barbadás derradeira proba do campionato / E. Barbadás

Promete ser un auténtico espectáculo, cun trazado técnico e unha participación de alto nivel, asegurando unha experiencia emocionante tanto para os pilotos como para o público asistente.
O evento, que se celebrará os días 26 e 27 de outubro, memorial Gonzalo Belay Jiménez , será a última cita do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix, consolidándose como un dos referentes do automovilismo galego. O presidente do Comité Organizador, Juan Cralos Villanueva ´´ Marabú´´, fixo un chamamento á Escudería Barbadás, cuxo traballo e dedicación fan posible que esta proba se manteña como a derradeira do calendario, asegurando unha gran participación e un influxo considerable de visitantes á localidad ano tras ano.
O Concello de Barbadás avisa dos cortes de tráfico que se producirán debido á celebración do 10º Rallymix de Barbadás, que terá lugar entre o venres día 25 de outubro e o domingo 27 de outubro de 2024. Desde o Concello de Barbadás, agradecen a comprensión da veciñanza a colaboración cidadá para o bo desenvolvemento do evento.
Pepe Sampayo, agradece o apoio das forzas e corpos de seguridade do Estado, así como dos patrocinadores, colaboradores e institucións que fan posible a celebración deste evento. Ademais, fae un chamamento á prudencia dos afeccionados, pedindo a súa colaboración coas recomendacións da organización para garantir o éxito e seguridade da competición.