Sociedad

A "Rebelión Docente" chega a Xinzo

Esta xornada quere promover unha educación máis emocional e humana

Participantes de "Rebelión docente". / Cadena SER

Participantes de "Rebelión docente".

Ourense

A iniciativa, dirixida a docentes, futuros mestres, educadoras e familias, está centrada en promover un cambio significativo no ámbito da educación infantil e primaria, de 0 a 12 anos. O evento contará coa participación de recoñecidos profesionais da educación e será coordinado por Inma Jardón, mestra e pedagoga natural da Limia.

“Rebelión Docente” diríxese a todas aquelas persoas interesadas en transformar o modelo educativo actual, fomentando unha maior atención á intelixencia emocional, ó xogo, ó grafismo creativo e a unha educación respectuosa. O obxectivo da xornada é crear un espazo de reflexión e aprendizaxe que impulse novas prácticas educativas, facendo fincapé na importancia da psicoloxía e a neuroeducación no proceso de ensinanza.

A xornada estará liderada por Inma Jardón Rivero, natural da Limia, mestra de educación infantil e primaria, pedagoga e Máster en Necesidades Educativas e Atención Temperá. Jardón é tamén autora do álbum ilustrado infantil “¿De qué trata el amor?”, e coñecida defensora de métodos educativos baseados no desenvolvemento da intelixencia emocional e o xogo. Ademais, é fundadora e creadora de contido no popular perfil de Instagram @a_profe_inne, onde comparte recursos e ideas innovadoras para mestres e familias.

Inma Jardón destaca que a xornada é unha oportunidade para todos aqueles que queren apostar por unha educación máis respectuosa e adaptada ás necesidades dos nenos e nenas de hoxe en día.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00