Hora 14 A CoruñaHora 14 A Coruña
Sociedad

Freixanes carga contra o decreto do multilingüismo da Xunta e certifica o seu fracaso

A RAG pide á Xunta que retire a prohibición do galego nas materias de ciencias. O Consello de Europa pide que se permita o uso do galego en materias científicas

Una clase en un instituto. / Maskot

Una clase en un instituto.

Seguimos pendentes das reaccións ao informe do Consello de Europea sobre a situación do galego con motivo da conmemoración do Día das linguas minoritarias. A Real Academia Galega pediu desde A Coruña unha actuación contundente á Xunta con críticas ás consecuencias do decreto do plurilingüismo que puido en marcha Alberto Núñez Feijóo ao chegar á Xunta e provocou, segundo os seus informes, un descenso do uso e transmisión da lingua propia de Galicia. O Consello de Europa pide, por exemplo, á Xunta que retire a prohición da lingua galega nas materias de ciencias con carácter inmediato.

A Real Academia sinala que Galicia é a única comunidade autónoma española con lingua propia que non conta cunha liña educativa que permita aprender en galego desde a etapa de educación infantil á Universidade. En entrevista na Cadea galega da SER o Presidente da RAG, Víctor Freixanes, subliñaba as consecuencias negativas do decreto do multilingüismo.

O decreto prohibía impartir as ciencias en galego, retiraba as clases ao cincuenta por cento, mínimo e substitúe a parte correspondente ao galego por clases en inglés en materias de ciencias sociais nos chamados cnetros plurilingües.

O comité de expertos do Consello de Europa apunta tamén á necesidade de que se asegure o uso do galego nas residencias de anciáns e centros sociosanitarios. Tamén a que o galego poida empregarse en dependencias da Administración do Estado. Denuncia, ademais, a falta de medidas para protexer o galego falado fóra de Galicia: en Asturias, Castela e León e Cáceres.

A Real Academia Galega sitúase xunto ao Consello de Europa sobre a situación de galego na educación pública. A institución pídelle á Xunta de Galicia que cumpra coas recomendacións europeas e retire a prohición da lingua galega nas materias de ciencias con carácter inmediato. Pide ademais que se estableza unha "liña educativa do país" desde a etapa de educación infantil.

A análise realizada polo organismo europeo fai especial énfase en esixir o cumprimento dos dereitos lingüísticos da cidadanía en diferentes ámbitos e non só no educativo. O comité de expertos apunta tamén aos centros sociosanitarios e a que os galegos poidan empregar o seu idioma en dependencias locais da Administración do Estado.

O Consello de Europa pide que se permita o uso do galego en materias científicas

O Consello de Europa lanzou unha serie de recomendacións ás autoridades españolas co obxectivo de que se cumpra coa Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias; entre elas que se eliminen as limitacións que impiden o uso do galego como lingua de ensino en materias científicas.

No seu informe de avaliación de España sobre a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, os expertos do Consello de Europa móstranse preocupados porque non se cumpran cos compromisos contraídos en virtude do acordo, de maneira que lanzan ata catro recomendacións "de acción inmediata" para que se garanta o dereito para utilizar o galego tanto na vida privada como na pública.

O Consello sinala a necesidade de que se eliminen as limitacións que impiden o uso do galego en materias como matemáticas, física, química ou tecnoloxía, amparada no decreto 79/2010 que aprobou o goberno da Xunta, apoiado polo Partido Popular, e que foi moi criticado tanto pola comunidade educativa como polos principais partidos da oposición.

Ademas, tamén recomendan que se adopten medidas para "garantir o uso do galego nos centros de asistencia social e sanitaria"; así como que "os falantes de galego poidan interactuar en galego coas dependencias locais da administración do Estado".

Por último, piden que se vele por que a lexislación "garanta que os tribunais leven a cabo procedementos penais, civís e administrativos en galego a pedimento dunha das partes, e adoptar medidas para garantir que isto se cumpra na práctica".

Ademais, desde o Consello sinalan outra serie de recomendacións, elas "restablecer unha versión en galego do Boletín Oficial do Estado" ou "facilitar información sobre a dispoñibilidade dos dereitos dos consumidores en galego".

En materia educativa, tamén solicitan que o ensino en galego "estea dispoñible en todos os niveis", que se adopten medidas para garantir "unha presenza proporcionada do galego no nivel preescolar nos centros urbanos importantes"; e que se elaboren "materiais didácticos en galego para o ensino técnico e profesional, incluída o ensino a distancia".

En relación á xustiza, piden que se poña ao dispor datos desagregados sobre "o número de procedementos penais, civís e administrativos levados a cabo en galego ou nos que se utilizou o galego"; "desenvolver un software que prevexa a posibilidade de utilizar formularios, modelos ou documentos en galego para axudar eficazmente no proceso xudicial, así como proporcionar ás cidadás canles de comunicación coa administración de xustiza en galego" e "poñer ao dispor do público os textos e formularios administrativos estatais de uso xeneralizado en galego".

Segundo os datos do informe, en Galicia o 88 % da poboación entende o galego e o 62 % escríbeo. Ademais, de forma xeral, o uso do galego facilítase e fomenta tanto na vida pública como na privada.

Entre os principais incumprimentos da Carta Europea, o Consello advirte que no ámbito xudicial "non se garante que os tribunais poidan levar a cabo procedementos (penais, civís ou relacionados con asuntos administrativos) en galego".

Tamén sinala que se incumpre "parcialmente" que se garanta unha educación en galego nas etapas de preescolar, así como que se publiquen os textos lexislativos nacionais máis importantes nas linguas cooficiais, xa que o Boletín Oficial do Estado deixou de publicarse en galego en 2021.

No que respecta a os aos órganos da administración estatal, non se cumpre coa correcta formación dos empregados públicos en administracións locais no uso do galego; nin se garante a tramitación de documentos e expedientes ou reclamacións nesta lingua.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00