Sociedad

En marcha o Sahmain castrexo

O Concello de Xinzo organiza este evento en colaboración coa Civitas Limicorum

Reunión do Sahmaín Castrexo. / red

Reunión do Sahmaín Castrexo.

Xinzo de Limia

O 2 de novembro, a Praza Maior de Xinzo de Limia converterase no escenario do Sahmain galaico-castrexo, unha celebración que busca recuperar as raíces máis antigas e espirituais da nosa terra. O evento, organizado en colaboración entre o Concello de Xinzo e a A.C. Civitas Limicorum, será unha oportunidade única para conectar coa tradición celta e castrexa da comarca, afastándose da moda comercial do Halloween importada dos Estados Unidos.

O concelleiro de festas, Ricardo Sieiro, está a coordinar xunto coa Civitas este evento que contará coa participación de diversos colectivos sociais, culturais e asociativos de toda a comarca. Ademais, a colaboración coas ANPA dos colexios e institutos permitirá que a comunidade educativa poida sumarse a esta iniciativa, facendo que toda a sociedade local se vexa representada neste proxecto colectivo que ten como obxectivo principal preservar e poñer en valor a nosa identidade galaica.

A xornada estará dividida en tres partes diferenciadas para acoller a público de todas as idades: Samaín Infantil: Terá lugar pola tarde, cun enfoque lúdico e didáctico. Haberá unha chocolatada de balde. Sahmain Castrexo: Á caída do sol, comezará a recreación ritual celta, evocando as antigas crenzas que marcaban o fin da colleita e o comezo do inverno na cultura galaica. Haberá caldo castrexo e queimada de balde e Samaín da Xuventude: Para rematar a xornada, celebrarase unha festa nocturna con DJ.

A A.C. Civitas Limicorum, a asociación cultural máis numerosa de toda a comarca, segue consolidándose como un colectivo vivo e comprometido coa preservación e difusión da historia e cultura galaico-castrexa e romana. Despois do éxito da gran Festa do Esquecemento celebrada en agosto, que ano tras ano destaca como a máxima expresión cultural do verán, a Civitas continúa a súa labor colaborando co Concello de Xinzo na organización do Sahmain galaico-castrexo, unha nova aposta pola recuperación das nosas raíces. Ademais, en xuño deste ano, xa se recrearon as Vestalias, un evento que puxo en valor a figura feminina e honrou a todas as mulleres da vila.

Este 2 de novembro, Xinzo de Limia será o punto de encontro para todos os que queiran vivir unha celebración única, cargada de simbolismo e historia. Convidamos a toda a cidadanía a participar e a redescubrir o espírito ancestral das nosas terras indumentándose coas súas vestimentas castrexas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00