"O son da memoria", o roteiro turístico e musical co que Baiona conmemora o Día Mundial do Alzheimer
O vindeiro sábado 21 de setembro celébrase a nivel internacional esta xornada, que en Baiona terá un ambiente festivo e solidario
En conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, o próximo 21 de Setembro, o Concello de Baiona en colaboración con Afaga Alzhéimer e Elena Castro convida á comunidade a participar nun emocionante e emotivo roteiro turístico que percorrerá oito emblemáticas prazas da nosa vila. Este evento, que busca concienciar sobre a importancia da investigación e o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade, combinará o turismo, a música e a danza nun ambiente festivo e solidario.
O inicio do roteiro teremos a posibilidade de colaborar coa asociación Afaga Alzhéimer.
O roteiro comezará ás 11:30 na Praza do Concello, onde os participantes se reunirán para dar inicio a esta celebración. Ao longo do percorrido, que incluirá paradas en prazas como a das Teresinas, Fonte de Zeta, Pedro de Castro, Pai Fernando, Fonte dá Laxe, San Xoan ,e por último de novo Praza do Concello, os asistentes poderán gozar de cancións de sempre que evocan lembranzas e emocións, creando un ambiente de alegría e camaradería.
Cada parada será unha oportunidade para bailar e compartir momentos especiais, lembrando que a música ten o poder de conectar ás persoas, mesmo nos momentos máis difíciles.
O evento non só busca render homenaxe a quen padece Alzheimer e ás súas familias, senón tamén fomentar a sensibilización sobre esta enfermidade que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.
Ao final do roteiro, levarase a cabo un pequeno acto de clausura na última praza, onde se compartirán reflexións e agradecerase a participación de todos.
Dende o concello de Baiona convidan a todos os cidadáns a unirse a esta celebración, a bailar, a lembrar e a mostrar o seu apoio. "Xuntos, podemos facer unha diferenza na vida de quen enfronta o Alzheimer", indican.