Sociedad

Xinzo arranxa o firme nas rúas San Sebastián, Rosalía de Castro e Formigueiro

Serán investidos máis de 48.000 euros por parte da Deputación

Rúa San Sebastián de Xinzo de Limia. / red

Rúa San Sebastián de Xinzo de Limia.

Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia adxudicou importantes actuacións de pavimentación nas rúas San Sebastián, Rosalía de Castro e Formigueiro, tres das máis transitadas e comerciais da vila. Estas obras, financiadas pola Deputación de Ourense cun importe total de 48.380,50 euros, forman parte dun plan máis amplo de renovación das rúas do municipio, que inclúe outras intervencións xa en marcha ou previstas para as próximas semanas.

As melloras consisten na renovación completa do firme mediante aglomerado en quente de 5 cm de grosor, garantindo así maior resistencia e durabilidade nas vías, sometidas a un uso constante. Tamén se procederá ao pintado das liñas de circulación e á adaptación das tapas de sumidoiros e servizos ao novo nivel da calzada, asegurando unha superficie uniforme e máis segura para a circulación.

Estas actuacións nas rúas San Sebastián, Rosalía de Castro e Formigueiro complétanse coas obras que xa están en execución na rúa Dous de Maio e co inminente comezo das melloras na Pista da Armada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00