Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Compostaxe

O concello de Oia fomenta a compostaxe doméstica para mellorar a xestión dos biorresiduos no municipio

Para participar, só hai que inscribirse na web en oia.rsu.gal

Compost

Compost

O Concello de Oia anima á veciñanza a unirse ao programa de compostaxe doméstica, unha iniciativa clave para mellorar a xestión dos biorresiduos no municipio. Este programa municipal busca fomentar a autoxestión da materia orgánica, contribuíndo así á redución dos residuos sólidos urbanos.

As persoas que posúan un pequeno terreo en Oia poden transformar os seus residuos orgánicos en compost de alta calidade. O Concello ofrece gratuitamente composteiros e aireadores domésticos para facilitar esta tarefa.

Para participar, só hai que inscribirse na web en oia.rsu.gal. As persoas que se incorporen ao programa de compostaxe doméstica recibirán un composteiro, un manual de instrucións e soporte continuo por parte de expertos.

A compostaxe doméstica non só axuda a reducir a pegada de carbono ao diminuír a recollida de residuos, senón que tamén produce compost, un abono natural rico en nutrientes para o solo. Ademais, esta práctica contribúe a reducir os custos de xestión dos residuos a longo prazo.

A colaboración cidadá é fundamental para o éxito deste proxecto. Por iso, o Concello de Oia convida a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa beneficiosa para todos e todas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00