Pistoletazo de saída das Feiras do Libro de Galicia
A gran novidade é a Axenda Cultural de librerías que informa o usuario das citas literarias da súa cidade


A Coruña
Cada vez queda menos para o comezo das Feiras do Libro de Galicia. A primeira arrincará en Ferrol durante as últimas semanas do mes de abril. Á Coruña chegará, como é habitual, a principios de agosto. Como novidade a Federación de Librarías de Galicia presentou a Axenda Cultural de Librerías de Galicia.
A partir de hoxe calquera usuario pode consultar a axenda cultural das librerías galegas na páxina web axendacultural.librarias.org. Tamén teñen a posibilidade de inscribirse a talleres, clubs de lectura e outras actividades. Cielo Fernández, vicepresidenta da Federación de Librarías de Galicia describe a nova web como unha ferramenta para achegarse ao público e vitalizar a vida cultural dos concellos galegos. Unha inciativa que ten como eixo principal poñer as librerías locais no punto de mira.
Polo momento 55 librerías de toda Galicia uníronse á Axenda Cultural da Federación. O usuario pode filtrar os eventos segundo os seus intereses, lugar de residencia, idade e outras características. Nestes momentos hai máis de 30 eventos en activo. Na Corula, por exemplo, mañá Juan José Lada presentará o seu libro 'O ouro de Himmler' en libraría Espazo Novel.