Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Sociedad

A primavera na Coruña

Na cidade contamos con algo máis de 22.000 árbores, que nesta época do ano vólvense protagonistas ao deixar atrás esas ramas espidas e comezar a florecer

Coruña Científica, con Bibiana García

Coruña Científica, con Bibiana García

14:49

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A primavera xa se nota de cheo nas rúas da Coruña con esas árbores cheas de flores de cores que alegran calquera paseo. Na cidade contamos con algo máis de 22.000 árbores, que nesta época do ano vólvense protagonistas ao deixar atrás esas ramas espidas e comezar a florecer. Que marabilla a primavera...

De camiño a Radio Coruña cruzando Juan Flórez, é unha alegría ver esas árbores cheas de flores rosa escuro dando cor á rúa. Son cerdeiras de flor xaponeses, Prunus serrulatus, que se utilizan moito como ornamentación por esa floración tan rechamante que teñen. Temos que aproveitar estes días para gozar das flores nas árbores porque a floración dura poucas semanas. A ver se as persoas que nos están escoitando anímanse a enviarnos fotos das súas árbores floridas preferidas da cidade polas redes sociais de Radio Coruña.

  • Que lles pasa exactamente ás árbores na primavera?

As árbores, pero tamén as persoas e moitos outros seres vivos, nacemos cun reloxo biolóxico que nos sincroniza co ritmo da natureza, que en esencia está marcado polas horas de luz que recibimos, o que varía tanto ao longo do día como ao longo do ano debido aos movementos de rotación e translación da Terra e a que o eixo do noso planeta está inclinado. Ese reloxo interior, por exemplo, a nós ponnos a durmir á noitiña e espértanos co alba, facéndonos segregar melatonina coa escuridade e outras hormonas como o cortisol cando sae a luz. Ás árbores sucédelles algo parecido coas estacións, o aumento tanto da temperatura como das horas de luz fan que comecen a segregar unhas fitohormonas determinadas que provocan a indución á floración, o que se coñece como vernalización. Pero para que se produza este proceso primeiro ten que darse o contrario, máis frío durante máis tempo, o que sucede en inverno e xera a desvernalización. Así que son igual de importantes as condicións do inverno como as da primavera para que teña lugar a floración, só que a de primavera creo que nos gusta máis.

  • Non todas as árbores florecen á vez ou na primavera…

Non, segundo as súas características florecerán antes ou despois, mesmo algúns o fan a finais de inverno, como os famosos almendros, que se atreven a espertar cando aínda pode caer algunha xeada de madrugada. Nese caso está relacionado co tempo e as necesidades de auga que ten para xerar os seus froitos, as améndoas, xa que as flores tras ser fecundadas darán lugar aos froitos nos seguintes meses. Outra árbore madrugadora florecendo, aínda que non tanto, é a cerdeira, cunhas flores moi parecidas ás do almendro.

  • Árbores do amor

Unha árbore que podemos ver A Coruña espectacular estes días é a árbore de flores rosas situado na esquina de San Andrés con Santa Catalina

Si, é unha árbore do amor, Cercis siliquastrum, que florece en abril coas súas flores rosas antes de que lles saian as follas. Tamén hai algúns exemplares diante da subdelegación do Goberno, case enfronte do teatro Colón. Recibe o nome da árbore do amor porque as súas follas lembran a un corazón. Outro que florece bonito na primavera é Ginkgo biloba, do que hai bastantes exemplares en Catro Camiños. É unha especie que chamamos dioica, é dicir que as súas flores femininas están nunha árbore e as flores femininas noutro. Das súas flores son distintas se a árbore é macho ou femia, pero trátase da mesma especie. A maioría das árbores son hermafroditas, teñen os órganos sexuais masculino e feminino nunha mesma flor. Outros son monoicas, con flores masculinas e flores femininas no mesmo árbo pero separdas. Por último están os dioicos, como dicimos de Ginkgo biloba.

  • Flores nos arredores da Torre de Hércules

Pero non só florecen as árbores, nos arredores da torre de Hércules temos unhas flores amarelas marabillosas

Iso é uña de gato, Carpobrotus edulis, que aínda que nos pareza moi bonita ao florecer é unha planta invasora orixinaria de Sudáfrica. Esténdese facilmente por Galicia e non deixa crecer a especies autóctonas, o que se traduce nunha perda da biodiversidade alí onde se asenta. Unha árbore que veu tamén de ben lonxe, de Nova Zelandia, e que agora temos por case toda a cidade é o metrosidero, o exemplar máis famoso, que está dentro das dependencias da policía local ao final de Orillamar, é un Metrosidero excelsa, que aínda que non perde as follas en todo o ano, porque é perenne, tamén florece na primavera con características flores pilosas vermellas.

Desde logo agora mesmo estamos rodeados de flores de todas as cores, así que só quédanos saír de aquí a gozar da primavera e que vos animedes a enviarnos fotos das vosas árbores florecidas favoritos da Coruña a través das redes sociais. A ver se facemos un pódium cos máis espectaculares.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00