Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Restauración

A Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais recuperou e devolveu varias esculturas ao Museo Catedralicio-Diocesano de Tui

Unha Virxe da Asunción, unha Piedade, varios capiteis e fragmentos arquitectónicos forman parte das pezas recuperadas que se integrarán no Museo

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia devolveu a pasada semana unha ducia de pezas do TUDE-Museo Catedralicio-Diocesano de Tui

Durante os cursos 2022-2023 e 2023-2024, pasaron polo taller de restauración de escultura en materiais pétreos, unha serie de obras, todas elas en pedra granítica, provenientes do Museo Catedralicio-diocesano de Tui e que se integrarán no futuro no Museo.

Entre elas, destaca polo seu volume, unha Virxe da Asunción, proveniente da derruida capela de San José obreiro de Vigo e que estaba depositada no claustro catedralicio. Esta imaxe, con visibles restos de policromía, mostraba un forte ensuciamiento, testemuño da súa anterior localización nunha contorna urbana e do seu posterior almacenamento. A intervención consistiu en, tras un estudo analítico dos restos polícromos, unha intervención de fixación dos mesmos así como unha limpeza de fortes concrecións de sucidade e pátinas algales moi estendidas.

Tamén se interviñeron, dentro do conxunto de obras, diversos capiteis e fragmentos arquitectónicos con decoración – todos de adscrición medieval-, unha base de columna, un ara e unha roda de muíño, estas de época romana e unha representación policromada da Piedade.

Documentación e recuperación das pezas

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia devolveu a pasada semana unha ducia de pezas do TUDE-Museo Catedralicio-Diocesano de Tui

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia devolveu a pasada semana unha ducia de pezas do TUDE-Museo Catedralicio-Diocesano de Tui

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia devolveu a pasada semana unha ducia de pezas do TUDE-Museo Catedralicio-Diocesano de Tui

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia devolveu a pasada semana unha ducia de pezas do TUDE-Museo Catedralicio-Diocesano de Tui

En todos estes elementos, algúns dos cales conservaban pequenos restos de morteiros de cal ou preparacións -para a máis que probable policromía que terían no seu momento- as intervencións consistiron en fixacións deses vestixios de antigas imprimacións, encalados ou preparacións para policromías e unha limpeza.

Tras unha exhaustiva documentación, que incluíu análise con técnicas como a espectografía raman, procedeuse a limpezas con diversos métodos que foron desde sistemas manuais con cepillos, escalpelos... ata métodos máis sofisticados como a aplicación de xeles específicos, limpeza con ultrasóns ou equipo láser.

Por último, destacar unha pequena Piedade, cuxo fráxil estado das múltiples capas de policromías que mostraba, levaron a un longo proceso de documentación, fixación e protección das mesmas.

Con estas intervencións búscase, aplicando os criterios vixentes de mínima intervención, acadar as condicións máis axeitadas para a perdurabilidad destas obras que pronto se exhibirán ao público, cando se inaugure o novo TUDE.

  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00