Sociedad

O Concello de Ribadavia presenta o seu primeiro “Plan Estratéxico de Turismo 2024 – 2029”.

Recolle 31 actuacións que contribuirán ao desenvolvemento turístico

Presentación do plan de turismo de Ribadavia

Presentación do plan de turismo de Ribadavia

Ribadavia

O Concello de Ribadavia presentou o primeiro “Plan Estratéxico de Turismo 2024 – 2029”. O Plan componse de 4 eixos estratéxicos e 31 actuacións que contribuirán ao desenvolvemento turístico e ao posicionamento do concello como destino turístico.

A través da redacción do Plan Estratéxico perséguese o obxectivo de proporcionar ao departamento de turismo e, en definitiva, ao Concello de Ribadavia, unha folla de ruta que guíe e axude ao concello a xestionar o turismo dunha forma sostible, optimizando e poñendo en valor os principais recursos culturais e naturais.

Este novo enfoque, axudará á estruturación de productos turísticos competitivos que maximicen o atractivo e melloren a oferta do destino, contribuíndo así a un desenvolvemento turístico sostible e controlado do concello.

O documento configurouse a través dunha análise exhaustiva do sistema turístico do concello, na que se tivo en conta a potencialidade e adecuación dos recursos turísticos, a oferta e a demanda, os elementos de comunicación, a gobernanza, entre outros, finalizando con unha análise de benchmarking. Ademais, para a elaboración do Plan estratéxico contouse coa axuda do sector turístico e a poboación local, a través de entrevistas en profundidade a axentes clave do concello e enquisas de percepción do destino á poboación local e ao sector privado.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que, «con este Plan Estratéxico trazamos a folla de ruta do desenvolvemento turístico de Ribadavia para os próximos cinco anos. Trátase dun plan que pretende implicar ao sector turístico e que ten como iniciativa fundamental propiciar que este sector medre, buscando a creación de novas oportunidades de emprendemento e autoemprego nun sector que debe ser tractor para o desenvolvemento económico do noso concello.»

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00