Sociedad

Luis López: “Foi un ano de municipalismo e cambios na Deputación con 90 millóns de euros para financiar 440 obras”

O presidente provincial resume en doce fitos o seu primeiro ano de mandato cun acto no Salón de Plenos no que estivo acompañado polo seu equipo de goberno, rexedores e edís de toda a provincia e representantes do tecido social, deportivo e empresarial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, resumiu en doce fitos un ano de goberno onde a Deputación investiu máis de 90 millóns de euros, executou máis de 440 obras e creou máis de 700 postos de traballo, así como no que estreitou os lazos cos concellos, a través de encontros do presidente con todos os rexedores da provincia; fortaleceu a colaboracións coas institucións presentes na provincia, como a Xunta, a FEMP, a Unión Europea ou a Universidade; e posicionouse ao carón da veciñanza, con máis de 1.800 actos públicos.

Doce meses nos que o mandatario provincial destacou o impulso ao deporte, o logro dun turismo de récord, o apoio as asociacións, a aposta polos investimentos nas cidades de Vigo e Pontevedra ou a preocupación pola xuventude e o reto demográfico.

E fíxoo o presidente Luis López, rodeado do seu equipo de goberno, pronunciando un discurso nun salón de plenos do Pazo provincial cheo, coa presenza de alcaldes e concelleiros de concellos de toda a provincia e con representantes do tecido asociativo, deportivo, veciñal e empresarial do territorio.

“A porta desta casa sempre estivo aberta, e nós quixemos estar coa xente. Un ano tendendo pontes. Un lema que non só resume un xeito de ser, senón que explica multitude de reformas, impulsos e transformacións executados ao longo destes meses e que, ben deron froitos xa, ou ben madurarán ao longo do mandato”, salientou Luis López. López destacou os máis de 90 millóns de euros de investimento municipalista en obras en marcha ou comprometidas.

Ademais da aprobación dun orzamento récord de 190 millóns de euros, onde un de cada tres euros destínase á cooperación cos concellos, Luis López mencionou os 34 millóns reservados a investimentos da Liña 1 do Plan + Provincia, os 21,5 millóns do programa PON2030, os 13,3 millóns comprometidos para a construción da nova Grada de Gol de Balaídos, os 7,5 millóns postos á disposición das cidades de Vigo e Pontevedra, os seis millóns de euros en convenios cos concellos para a mellora das estradas ou os 4 millóns de euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00