Campionato de España de Parapente na Serra do Larouco
Este campionato celebrarase do 14 O 20 de Xullo no concello limiao de Baltar
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/LSTPZY3D2RF5LAGAPVB3KZ5YNE.jpg?auth=57635467151cfaf46e0ac8aecec961c8c814177fbcc957d252c107c131a0da83&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Campionato de España de Parapente na Serra do Larouco / Club Parapente Baltar
![Campionato de España de Parapente na Serra do Larouco](https://cadenaser.com/resizer/v2/LSTPZY3D2RF5LAGAPVB3KZ5YNE.jpg?auth=57635467151cfaf46e0ac8aecec961c8c814177fbcc957d252c107c131a0da83)
A Serra do Larouco, no concello limiao de Baltar (Ourense), será o escenario da edición 2024 do Campionato de España de Parapente, segundo a decisión da Real Federación Aeronáutica Española comunicaba ao Club Parapente Baltar, que presentará a candidatura para organizar o evento.
A proba celebrase no Larouo entre os días 14 e 20 de xullo de 2024, e será a primeira vez que o campionato estatal en Galicia estea organizado por un club galego, xa que anteriores torneos nacionais e internacionais enmarcáronse dentro de eventos organizados por entidades lusas.
Para nós é un fito con motivo valor. Por unha parte, recoñécese unha vez máis o Larouco como un enclave privilexiado para a práctica do Parapente e actividades de voo libre. Mais tamén é un recoñecemento ao labor do club e a súa capacidade organizativa.´´ Nós seguimos traballando para conerter o Larouco nun espazo de referencia do Parapente na Península´´. 8Enrique Cuquejo, portavoz do Club Parapente Baltar.