Os hostaleiros da Limia activan estratexias para dinamizar o municipio: coñece como!
Recentemente formalizouse a creación da Asociación de Hostaleiros da Limia (AHL)

Falamos con Iván Prado, presidente da Asociación de Hostaleiros da Limia
06:10
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Xinzo de Limia
Os hostaleiros da Limia traballan para dinamizar o municipio. Recentemente formalizouse a creación da Asociación de Hostaleiros e saíu adiante a iniciativa Tapiñas. Trátase de `tapiñas´a dous euros, por cada tapiña o cliente leva un selo e entra nun sorteo. Na primeira edición foron billetes para un festival de música, desta volta son 200 euros para investir en comercio local.
Tras o éxito da primeira edición, optaron por repetir este mes de xuño cun maior número de locais participantes. Así todos os xoves actívase a proposta. Porén, xa traballan noutra proposta que se levará adiante a partir de mediados de xuño. Cada quince días unha actuación musical. Falamos con Iván Prado, presidente da asociación en Hoy por Hoy A Limia.