Habitar o baleiro: o rural ourensán na fotografía de Brais Lorenzo
A exposición, carta de presentación dun proxecto xornalístico amplo, preséntase o xoves

O fotógrafo Brais Lorenzo fala sobre a exposición Habitar o baleiro
04:01
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Ourense
O colectivo Habitar o baleiro inaugura o xoves no Museo do Pobo Galego unha exposición sobre o rural galego, fundamentalmente das provincias de Ourense e Lugo.
A narrativa da mostra compleméntase con audios, vídeos e textos asinados por Cláudia Morán, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui para fornecer unha experiencia inmersiva. A inauguración será no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o vindeiro 13 de xuño ás 18:00 horas. Nesta participará o director do Museo, Manuel Vilar, xunto cos membros do colectivo que impulsaron a exposición coordinada por Tono Arias.
A exposición poderá visitare até o 1 de setembro e recolle distintas facianas do rural galego. O propio fotógrafo ourensán, Brais Lorenzo, explicaba nos micrófonos de Hoy por Hoy Ourense “a pretensión do proxecto céntrase nas sombras, pero tamén nas luces, hai unha parte positiva”. Dende un modo de vida que esmorece até novos proxectos que habitan unha realidade que se enfronta a distintas ameazas, Habitar o baleiro fala dunha boa parte da provincia ourensá.
Esta é a carta de presentación dun proxecto máis amplo, que acollerá pezas xornalísticas e un documental.