Luisa Villalta contará co seu propio mural no paseo marítimo de A Coruña
A artista homenaxeada polas Letras Galegas será retratada por Lida Cao, que pintará o mural á altura de As Lagoas e espera que estea terminado o vindeiro venres
![Luisa Villalta contará co seu propio mural no paseo marítimo de A Coruña](https://cadenaser.com/resizer/v2/https%3A%2F%2Fsdmedia.playser.cadenaser.com%2Fplayser%2Fimage%2F20245%2F23%2F1716472357198_1716472396_asset_still.png?auth=9af1ffb3ea32f4d3019a6501e90b7606ffbe90fe290d03656ca8b04664d495fc&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Luisa Villalta contará co seu propio mural no paseo marítimo de A Coruña
02:43
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Luisa Villalta, a autora homenaxeada polas Letras Galegas, contará co seu propio recoñecemento no paseo marítimo da Coruña, cun mural de gran formato á altura das Lagoas. A artista Lida Cao comezará hoxe mesmo a pintalo, xusto á beira do Hércules e mirando cara o mar. Explicounos que medirá 36 metros cadrados, uns 7 de longo aproximadamente, e tardará polo menos unha semana en terminalo. O vindeiro venres espera que poidan velo xa todos os paseantes.
É unha iniciativa promovida polo Concello en colaboración con Gadis. No mural poderase ver a Villalta sobre unha pila de libros, en relación á súa faceta de escritora, e un retrato dela acompañado dun pentagrama baleiro, símil de todo o que aínda está pendente de escribir, segundo Cao. Todo iso en tons azuis, para simbolizar o mar, e laranxas.