Premio Xavier Prado Lameiro para a asociación limiá Aimil Folc
O acto de entrega será o 24 de maio ás oito da tarde no Teatro Principal de Ourense
NaN:NaN:NaN
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1716364488351/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Xinzo de Limia
O Premio Xavier Prado Lameiro chega á súa duodécima edición premiando a Asociación Cultural Aimil Folc de Xinzo de Limia. O xurado, nomeado pola Coral de Ruada, recoñece o traballo ao longo de máis de vinte anos no campo da investigación, conservación e divulgación “do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompaña”.
En Hoy por Hoy A Limia falamos con Lola Ogea, presidenta da Asociación Aimil Folc que amosa ledicia polo recoñecemento “estamos moi agradecidos e, sobre todo, moi emocionados”.
A gala de entrega será o 24 de maio ás oito da tarde no Teatro Principal de Ourense e, durante o acto, o Grupo de Teatro `Xavier Prado Lameiro´de Coral de Ruada, dirixido por César Francisco González, porá en escena “Todo ten goberno”, unha das pezas máis celebradas de Lameiro. Tamén actuará o grupo galardoado, Aimil, e a Coral da Ruada, que pechará o acto coa cantiga de Manuel de Dios “Ourense ao lonxe”, como é habitual.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.