Gonzalo Iglesias: "As escolas teñen que fomentar o espírito crítico e o amor"
O pedagogo será condecorado como fillo adoptivo de Xinzo de Limia o vindeiro 1 de xuño

Gonzalo Iglesias Sueiro, fillo adoptivo de Xinzo de Limia
05:22
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Xinzo de Limia
O sábado 1 de xuño a partir das once e media da mañá o Auditorio Municipal de Xinzo de Limia fará fillo adoptivo do municipio a Gonzalo Iglesias Sueiro.
O pedagogo, que tivo contacto con moitas alumnas e alumnos ao longo da súa traxectoria e aprendeu "que hai que calificalos pola importancia que ten insertar na sociedade a persoas con valores. Os coñecementos adquírense ao longo da vida cando son necesarios. É fundamenta la bondade, eu prefiro unha persoa boa que unha intelixente".
Sueiro está moi ledo de que o seu nomeamento como fillo adoptivo partira dunha iniciativa popular e foi apoiada por toda a corporación municipal, "espero non defraudar as esperanzas da xente en min".
Nesta entrevista en Radio Limia Cadena SER repasamos a súa traxectoria "estiven en moitos sitios con distintas labores, o máis importante foi a dedicación ao mundo do ensino, sempre defendín que o importante e que o alumnado recorde a un por ensinarlle a pensar".
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.