A compañía de teatro Artika CIA volve representar na Sala Artika Vigo a obra "Mosca"
Hai dúas funcións: o sábado 11 e domingo 12 de maio ás 20:00 horas e a peza está recomendada para maiores de 12 anos

A compañía de teatro Artika CIA volve representar na Sala Artika Vigo a obra Mosca.

Vigo
A compañía de teatro Artika CIA volve representar na Sala Artika Vigo a obra "Mosca". A partir dun texto de Gustavo del Río (quen tamén dirixe a obra) abórdase o bullying que sofre un neno de 10 anos dende a mirada da familia e da escola. Un texto que foi nominado aos premios Maria Casares do teatro Galego á mellor texto orixinal nesta última edición.
"Mosca" é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. Anguriante e intensa, "Mosca" somérxese na vida dun neno e que é o que este sinte sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuízos e o non saber que facer e como pode solucionalo e entorno no que se desenvolve Pedro. O acoso escolar é un dos problemas graves da nosa sociedade actualmente.
"Mosca" é un proxecto que fala sobre o entorno dos nenos a través da súa familia e da escola: A impotencia do non saber que facer e a falta de información ao non detectar o problema a tempo, a ausencia, o amor, a compaixón, o acoso.
Hai dúas funcións: o sábado 11 e domingo 12 de maio ás 20:00 horas. A obra ten unha duración dunha hora e recoméndase para maiores de 12 anos.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.