A Deputación da Coruña homenaxea a Luisa Villalta con actos en colexios e unha gala o día 15
A velada reunirá a Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Janet Novás, Mercedes Peón, Elena Vázquez Ledo, Hugo Gómez-Chao, Adriana Aranda, Eva Vieites, Lulavai e a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/MSIKSI5B7FEBZFGJVFVXVSEEX4.jpg?auth=d39fda1c0721bced8f714cf326648b64698a9dcc995e7f42c3502815d87ccb5f&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/MSIKSI5B7FEBZFGJVFVXVSEEX4.jpg?auth=d39fda1c0721bced8f714cf326648b64698a9dcc995e7f42c3502815d87ccb5f)
A Coruña
A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña puxo en marcha unha campaña para reivindicar a figura de Luisa Villalta, escritora homenaxeada no Día dás Letras Galegas. Será con distintas actividades en colexios e unha gala o 15 de maio no Teatro Colón, entre outras propostas.
Así, haberá obradoiros en centros educativos e repartición da novela de Villalta 'Tinta do mar'; a realización dun vídeo e a distribución dun libro sobre a vida e obra da autora.
Más información
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/NEWUC6EXSJHQZNVQO4VDSHFA6E.jpg?auth=2dfca4ada1aa314642454d4939f033983abf2d4c954df8eedea8c720b9162122&quality=70&width=360&height=202&smart=true)
A isto, nunha programación prevista para todo o ano, sumarase unha gala o 15 de maio no Teatro Colón da Coruña. A velada reunirá a Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Janet Novás, Mercedes Peón, Elena Vázquez Ledo, Hugo Gómez-Chao, Adriana Aranda, Eva Vieites, Lulavai e a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia.
Todo iso nun espectáculo poético e musical, que se sumará a outras propostas programadas en varias localidades da provincia como a proxección dun documental, teatro e un concerto.
Na presentación destas iniciativas, a deputada de Normalización Lingüística, Soledad Agra, destacou a figura de Villalta, da que dixo que é unha muller que, ademais de ser unha figura destacada no ámbito das letras, "sobresaíu en moitas facetas: filóloga, activista, música e profesora", subliñou.
![A RAG estrea unha serie web de Luisa Villalta, "un retrato coral" sobre a homenaxeada nas Letras Galegas 2024](https://cadenaser.com/resizer/v2/SENTVJIFFZF7FCHLT53PL4IOC4.png?auth=7292aa880cfb22d61bd4c4d0c147be5ff1dabca26e3d668b8cf5e834b1723685&quality=70&width=360&height=202&smart=true)
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.