Publicadas as bases de licitación para a sega da herba da Finca Antela
O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais a partir de hoxe
Entrevista con Eva González do GDR Limia-Arnoia
05:29
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Xinzo de Limia
Recentemente coñeciamos que os produtores locais xa poden acceder ao aluguer de terreos en Sandiás a través do programa `Aterra´. Trátase dun convenio de censión, entre Deputación de Ourense e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia, da Finca Antela que suma máis de 49 hectáreas. Deste xeito, o GDR é o encargado de xestionar as terras actualmente en desuso.
Para falar deste tema, hoxe pasou polos micrófonos de Radio Limia Cadena SER Eva González, quen lembrou que este proxecto ten como obxectivo impulsar o sector agrario nos 25 municipios asociados ao seu labor.
Porén, antes de arrendar estas terras situadas no Concello de Sandiás, o obxectivo do GDR é adecentalas. Neste sentido, a sega da herba das parcelas da Finca Antela será adxudicada á persoa que propoña a oferta económica máis vantaxosa, partindo da licitación 3.500 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais a partir de hoxe.