Atopan sen vida o corpo do navegante desaparecido ao suroeste de Fisterra
Participaba nunha regata e se especula cunha caída accidental como causa do falecemento
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/OGN6CU3OP5HXLFYUSA2CL6SR7I.jpg?auth=caa0522d48c77de0140da3e35b1bc1cd7d26cfc94da6e1c2c3e7007219acfb4b&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Imaxe do veleiro rescatado por Salvamento Marítimo
![Imaxe do veleiro rescatado por Salvamento Marítimo](https://cadenaser.com/resizer/v2/OGN6CU3OP5HXLFYUSA2CL6SR7I.jpg?auth=caa0522d48c77de0140da3e35b1bc1cd7d26cfc94da6e1c2c3e7007219acfb4b)
Fisterra
Salvamento Marítimo rescatou o corpo sen vida dun navegante ao que buscaba dende primeira hora da mañá. Eran as oito da mañá cando Salvamento Marítimo de Fisterra recibía un aviso dende a organización da regata Sailing Race Cap Martinique’ que partira dende La Trinité-sur-Mer (Francia) con destino Fort-de-France (Martinica). O coordinador da proba indicou que non tiñan noticias dun veleiro participante e non conseguían contactar con el.
A partir dese momento púxose en marcha un operativo de busca, informando de inmediato aos barcos da zona e mobilizando ao remolcador Don Inda, o helicóptero Helimer 401, o avión Sasemar 102 ademais do helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia.
Ás 9.19 horas o axuiliar do Don Inda localizou o veleiro comprobando que non se atopaba o tripulante a bordo. A embarcación estaba co motor en marcha e a cana do timón rota. O Don Inda procedeu a remolcalo ata o porto de Brens. Pasado o mediodía foi atopado o corpo sen vida do desaparecido a cinco millas ao suroeste do Cabo Fisterra. O Pesca I trasladouno ata o porto de Vigo onde esperaba a Policía Nacional. As condicións meteorolóxicas foron adversas en todo momento con vento forza 7 do nordés. Salvamento Marítimo estivo en contacto constante coa organización da regata.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.