Sociedad | Actualidad

Asunción Morgade: "Rairiz é arte, cultura e moita natureza"

A alcaldesa de Rairiz de Veiga fala en Hoy por Hoy A Limia da actualidade do seu municipio

Entrevista coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade

04:02

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Rairiz de Veiga

Hoy por Hoy A Limia abre os seus micrófonos a Rairiz de Veiga, onde falamos coa súa alcaldesa, a socialista Asunción Morgade.

Unha entrevista na que se analizan distintos asuntos de actualidade sobre este concello rairizao. En primeiro lugar, aspectos relativos ás obras que están a ter lugar neste municipio, como por exemplo a rede viaria.

Doutro lado, Morgade falounos da Saínza. Aínda queda tempo para esta romaría, que se celebrará o 20, 21, 22 e 24 de setembro, pero no concello xa están a organizar esta festa de referencia.

Outro aspecto de actualidade é o paso da unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas, sobre o que a rexedora de Rairiz pormenorizou toda a información dispoñible. Tamén falamos da situación do servizo de pediatría na comarca, da súa viaxe para participar na constitución da Comisión de Sanidade e Saúde Pública da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e dos atractivos de Rairiz e Veiga.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00