Xinzo viaxará ao 137 antes de Cristo en agosto
A organización da Festa do Esquecemento pretende que "non haxa máis traxes nos armarios"
Entrevista co presidente da Asociación Civitas Limicorum, Marcos Argibay
05:14
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Ourense
A XXIV Festa do Esquecemento celebrarase entre o 23 e o 25 de agosto. Dende a organización xa están a facer a conta atrás. Marcos Argibay é o presidente da Asociación Civitas Limicorum e explica que “temos a intención de recuperar grupos antigos da Festa do Esquecemento ao longo destes 25 anos, que facemos o videiro ano”.
Nese intento de que “non haxa máis traxes nos armarios”, agora están en fase de mobilización. Os requisitos son sinxelos “achéganse as guías de rigor histórico e trátaselles de axudar na medida en que se poida”.
Falamos co presidente da Asociación Civitas Limicorum sobre a organización desta festa nos micrófonos de Hoy por Hoy A Limia.