Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

CARRUSEL DEPORTIVOSigue en directo los octavos de final de Champions League

A Deputación aposta aínda máis forte polo audiovisual

Aumenta un dez por cento as subvencións ás que poden optar os festivais da provincia

Festival de Cans, O Porriño 2023 | Imagen: Cris Andina / Cris Andina

Festival de Cans, O Porriño 2023 | Imagen: Cris Andina

Vigo

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases para que entidades sen ánimo de lucro poidan desenvolver festivais audiovisuais na provincia ao longo do 2024. A través desta liña de subvencións, tal e como explicou o presidente Luis López, distribuiranse 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado o pasado ano polo anterior goberno da institución provincial.

“O que pretendemos con esta iniciativa –detallou López- é apoiar a organización de festivais ou certames cinematográficos na provincia que dediquen especial atención á programación e difusión do cine en galego”. Deste xeito, para beneficiarse desta liña de axudas, os festivais deben levarse a cabo ao longo do ano, durar –como mínimo- 4 días e incluír – tamén como mínimo- 20 proxeccións, así como 5 sesións ou un 10% de títulos de produción ou dirección galegas.

A axuda concedida a cada entidade solicitante non poderá superar o 50% do orzamento presentado para levar a cabo festivais ou certames cinematográficos e, con estes recursos provinciais, poderanse subvencionar tanto o alugueiro de espazos e equipamentos para as proxeccións, como gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais e de dereitos de exhibición ou subtitulado de películas. O prazo para presentar solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Sigue el canal de La SER en WhatsApp, donde encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir