O Concello de Ribadavia estrea unha nova imaxe
O novo manual de imaxe institucional foi redactado por un equipo da Universidade de Santiago

Nova imaxe do Concello de Ribadavia / red

Ribadavia
Tomando como referencia o escudo heráldico de Ribadavia, o equipo da Universidade de Santiago de Compostela elaborou as diferentes propostas que darán cobertura á implementación dunha imaxe institucional actualizada e susceptible de usos múltiples en formatos diversos.
A proposta da USC, reflexada nun documento de 116 páxinas pormenoriza os diferentes elementos adaptados ao escudo orixinal, simplificando usos e coa correspondente proposta tipográfica.
Entre os diferentes usos propostos para a implementación da imaxe institucional do Concello de Ribadavia, contémplase: Totems de entrada e saída ao municipio, placas identificativas de cada área de goberno e servizos municipais, para exterior e interior, formatos para a web e redes sociais, novos deseños de toda a papelería do Concello, tarxetas profesionais,, normas de convivencia con outras marcas asociadas ao Concello de Ribadavia e un novo logo de turismo.
O novo manual de imaxe institucional contempla a creación da nova marca “Ribadavia Turismo”, unha marca con imaxe propia que ten como finalidade a promoción dos distintos ámbitos do turismo de Ribadavia, tanto os derivados do lecer coma os relacionados coa cultura e o patrimonio.