Loita polos pediatras da Limia: os motivos para a mobilización
Radio Limia Cadena SER fala coa Plataforma `Loita polos pediatras da Limia´ para coñecer as súas peticións
Entrevista con Paula Rodríguez da Plataforma Loita polos pediatras da Limia
05:26
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Limia
A Plataforma `Loita polos pediatras da Limia´ insiste en pedir solución para un servizo de pediatría que está "desde junio de 2023 con una baja sin cubrir en pediatría”, afirma Paula Rodríguez quen fala nos micrófonos de Radio Limia Cadena SER para explicar a cronoloxía e os motivos das mobilizacións da plataforma.
SITUACIÓN DO SERVIZO DE PEDIATRÍA
Paula Rodríguez, membro da plataforma advierte que o servizo “esta semana estuvo sin pediatra porque la única plaza cubierta por un pediatra tiene días de permiso. Ha venido una persona, puericultor o médico de cabecera, a cubrir de doce de la mañana a dos”. Esta situación fai que cando as nenas e nenos requiren de asistencia pediátrica de urxencia, as familias teñan que desprazarse a Ourense. Neste sentido, apelan á amplitude da comarca para que explicar “que desde el Concello de Calvos de Randín, por ejemplo, es una hora de camino”.
CANDO COMEZARON AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA?
Xinzo de Limia ten asignadas dúas prazas de pediatría. En xuño de 2023 rexistrouse a baixa dun pediatra. En decembro conformouse a plataforma e paralalelamente “los problemas aumentaron porque el otro profesional ha cogido sus días de permiso, de baja y, encima, es una persona que se jubila en 2024”.
PASOS DADOS POLA PLATAFORMA
A plataforma Loita polos Pediatras da Limia mobilizouse en distintas ocasións para pedir solucións, mais recoñecen que non “se consiguió que la presión llegue directamente sobre los gestores de la Xunta”. Neste sentido, o nove de xaneiro os alcaldes da comarca reuníronse en Santiago co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen garantizou a continuidade das dúas prazas de pediatría e asegurou que non van ser amortizadas. Ademais, lembrou naquela xuntanza que as prazas non están vacantes, pois os profesionais que as ocupaban estaban en situación de incapacidade temporal. Tamén o titular de sanidade garantizou a obtención de cita en menos de dous días. A resposta causou entón malestar na plataforma por non ser, a resposta do conselleiro, unha solución á problemática.
ASAMBLEA ABERTA
O venres 8 de marzo a plataforma Loita Pediátrica da Limia convocou unha asamblea aberta á cidadanía da comarca co obxectivo de analizar a situación da atención médica infantil na comarca. Nesa asamblea, pactaron implementar novas formas de reivindicar, incluso coa posibilidade de acampar dentro do concello.
"OS GRANDES ESQUECIDOS"
Recentemente o SERGAS adxudicou oito prazas pediátricas de difícil cobertura na área sanitaria provincial. Entre elas, a cobertura de dous pediatras no Hospital Público de Verín e dous no Centro de Saúde. Tamén se asignou unha praza a O Carballiño, dende onde a plataforma local vai entregar máis de 8.000 firmas para o establecemento de dous pediatras de mañá e un de tarde. Os movementos noutros puntos da provincia fan que dende a plataforma de Xinzo afirmen seren os “grandes esquecidos”.