O Concello de Ribadavia publica as bases para participar no concurso de disfraces
A entidade local continúa perfilando a programación do Entroido 2024

Nos concursos de disfraces premiase a orixinalidade / SolStock

Ribadavia
O concurso terá lugar o día 13 de febreiro e poderá participar calquera persoa, ou grupo de persoas, que cumpran cos seguintes requisitos: Na modalidade individual infantil, nenos e nenas de ata 12 anos disfrazados, na modalidade de maiores, a partir de 13 anos disfrazados e na categoría grupal, número de integrantes formado por tres ou máis persoas, todas elas mantenendo un mesmo tipo argumental.
A inscrición realizarase no momento, acudindo a festa e anotándose para concursar, facilitando os seus datos e a modalidade na que se apunta. Tamén é posible anotarse con antelación, no correo cultura@ribadavia.es.
O xurado estará composto por representantes de diferentes colectivos e sectores do concello de Ribadavia e os criterios de valoración son os seguintes: na categoría de infantil: valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz e de 0 a 5 puntos a dificultade. Na modalidade individual de maiores os puntos e criterios serán os mesmos. Na modalidade grupal: Valorarase con 1 punto a cada membro do grupo, sempre que cumpran as condicións de participación, dando un máximo de 10 puntos, valorarase de 0 a 5 puntos a creatividade do disfraz, con de 0 a 5 puntos a dificultade do disfraz y tamén con de 0 a 5 puntos a posta en escena do grupo.
Os premios serán na modalidade individual infantil: 1º premio: diploma + 100€, 2º premio: diploma + 50€ e 3º premio: diploma + 30€.
Na modalidade individual adultos: 1º premio: diploma + 100€, 2º premio: diploma + 50€ e 3º premio: diploma + 30€ e por último na modalidade grupal: 1º premio: diploma + 200€, 2º premio: diploma +100€ e 3º premio: diploma + 50€.